A Selección Galega de Fútbol Gaélico medirase á de Francia o 18 de marzo en Ourense

O vindeiro ​sábado 18 de marzo de 2017​ terá lugar en Ourense un dobre entontro amigábel (masculino e feminino), o primeiro que disputa a nosa selección dende a súa participación nos II GAA World Games o pasado agosto. Os encontros celebraranse no ​Campo de Rugby da Universidade de Ourense​ na tarde do sábado, nun horario aínda por confirmar

O contrincante da nosa selección será a selección francesa, un rival de primeiro nivel mundial como xa demostrou nos pasados Xogos Mundiais. A selección masculina           proclamouse subcampiona do mundo, clasificándose para a final tras gañar a Galicia por 7-9 no derradeiro partido da segunda fase, que acadaría un excelente terceiro posto. 

As seleccións femininas tamén son vellas coñecidas: logo de caer eliminadas por pouco na primeira fase do Mundial, ambas accederían ao denominado campionato Shield, que           decidiría o 5º posto do Mundial. Tanto Galicia como Francia lograron abrise camiño ata a final, onde as nosas se impuxeron por un axustado 12-11. 

Estes feitos farán que os partidos non estean exentos de morbo e certas ganas de               revancha. Será a primeira ocasión na que a nosa selección disputa un partido na cidade das Burgas, así como a primeira vez que Francia visita terras galegas. 

Será a primeira participación do novo cadro técnico feminino, no que Pablo da Silva e Santi Rodríguez estrearanse na banda dirixindo á selección. Pola súa banda, Alexandre           Sanmartín “Jano” continúa como seleccionador masculino tras dirixir ao equipo no pasado mundial. 

A entrada será de balde para favorecer o desfrute deste deporte por parte das galegas e galegos que queiran achegarse o próximo sábado a Compostela. A Asociación Galega de Fútbol Gaélico invita e anima a todas e todos a acudir e amosar deste xeito o seu apoio ás nosas seleccións.

Páxina adivada ao partido

HISTORIA DA SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO 

A nosa Selección ten unha pequena historia de esforzos e méritos. A historia comeza en Ferrolterra, no campo do Cadaval de Narón, o 20 de xullo do 2012. Nese día, rodeados de eucaliptos e fieitos entre os cales aínda debe estar algún dos balóns, debutou a Selección Galega Masculina cunha emocionante vitoria fronte a Bretaña por 5-08 (23) a 3-08 (17). 

Este primeiro partido e a festa posteriores labraron unha boa amizade cos compañeiros bretóns que derivou ao verán seguinte na visita galega á Bretaña. A ocasión que deseñaron os de Breizh non puido ser mellor: partido o 11 de agosto de 2013 no Stade de Kerolay dentro dos eventos do Festival Intercéltico de Lorient, un dos máis prestixiosos do planeta no seu eido. Tomaron vinganza dos galegos cun resultado de 3-12 (21) a 1-8 (11) mais a experiencia foi única dende o punto de vista deportivo e tamén humano. 

No 2014 a Selección Galega non quixo perder a súa rutina e, ao non concretarse partidos no estranxeiro, a AGFG organizou dúas xornadas de fútbol gaélico no noso país. En ambas as dúas houbo por fin competición masculina e tamén feminina. O debut das galegas non puido ser mellor cunha brillante vitoria fronte a Madrid por 13-18 (57) a 2-06 (12) no campo da Baiuca da Estrada o 9 de agosto do 2014. Os homes non desmereceron e tamén gañaron por 11-11 (44) a 2-13 (19). 

Aparecía en escena nesas datas Jerry Holmes, un irlandés que traía baixo o brazo un proxecto de tres meses co que desenvolver a Liga Galega e que, polas voltas do destino, hoxe en día prolongou a súa estadía e é o adestrador feminino da Selección Galega. Da súa man chegaron a Galicia o 4 de outubro de 2014 dous combinados de xogadores               irlandeses representando ao seu país que, diante de numerosos siareiros no Monte da Vila do Grove, gañaron non sen dificultades aos equipos galegos. As irlandesas gañaron 3-22 (31) a 2-08 (14) mentres que os seus compatriotas tiveron que remontar en varias ocasións para imporse finalmente por un axustado 3-21 (30) a 5-10 (25). 

Grazas a esta historia persoal e deportiva, a Selección acadou o dereito a unha praza na primeira edición dos 2015 GAA World Games Abu Dabi, os primeiros Campionatos            Mundiais de fútbol gaélico cos que a Gaelic Athletic Association recoñecía a recente             expansión fóra da Irlanda deste deporte nacido nese país no século XIX. A participación galega foi excepcional. 

Na competición masculina a Selección rematou subcampiona cos seguintes resultados: 

  • Fase de grupos: Galicia 2-4(10) // Sudáfrica 1-2 (5)
  • Fase de grupos: Galicia 1-3 (6) // Arxentina 1-7 (10)
  • Fase de grupos: Galicia 4-6 (18) // Oriente Medio 0-0 (0)
  • Semifinal: Galicia 2-6 (12) // Sudáfrica 0-5 (5)
  • Final: Galicia 0-4 (4) // Arxentina 1-4 (7)

Na competición feminina a Selección Galega foi terceira tras os seguintes encontros: 

  • Fase de grupos: Galicia 2-3 (9) // Sudáfrica 0-2 (2)
  • Fase de grupos: Galicia 0-0 (0) // Canadá 2-6 (12)
  • Fase de grupos: Galicia 1-1 (4) // Oriente Medio 2-3 (9)
  • Semifinal: Galicia 1-4 (7) // Oriente Medio 3-6 (15)

Dende entón os combinados galegos aínda xogaron outros amigábeis de novo en Bretaña o 16 de agosto deste 2015 co gallo da I Copa Intercéltica e do Festival Celta de Lorient. As mulleres perderon por 3-10 (19) a 0-9 (9) mais os rapaces gañaron aos bretóns por 0-13 (13) a 3-09 (18). 

Cara final de ano, organizouse nas nosas terras un novo amigábel contra unha selección de xogadoras e xogadores irlandeses. O 31 de outubro, o campo das Cancelas de Compostela viu unha dobre derrota dos nosos, as rapazas por 1-03 (6) a 4-15 (27) e os rapaces por un máis axustado 4-10 (22) a 4-17 (29). 

O 20 de mario, a raíz do partido amigábel de fútbol británico entre as seleccións masculinas de Galicia e Venezuela, tivo no descanso unha exhibición das nosas seleccións de fútbol gaélico. Dous partidos de 5 minutos (masculino e feminino) fronte aos 40.000 espectadores que se reuniron en Riazor. 

O día seguinte, 21 de maio, tivo lugar en Sada un amigábel contra unha selección de xogadores irlandeses residentes en Andalucía, para preparar os novos Xogos Mundiais que ían ter lugar en agosto. O partido finalizou 12-13 (49) a 2-12 (18) para os nosos rapaces. Unha hora antes, ante a imposibilidade de realizar unha selección de xogadoras andaluzas, as rapazas xogaron un amigábel entre elas. 

Un ano máis tarde da primeira e exitosa edición dos GAA World Games, celébrase a               segunda edición, esta vez nas terras que viron nacer este deporte e onde son relixión, Irlanda, coincidindo co centenario da súa independencia. 

Na competición masculina a Selección rematou terceira (Plate) cos seguintes resultados: 

  • Primeira fase: Galicia (17) / (3) Bretaña
  • Primeira fase: Galicia (6) / (6) Sudáfrica
  • Primeira fase: Galicia (2) / (6) Nova York
  • Segunda fase: Galicia (17) / (0) Alemania
  • Segunda fase: Galicia (10) / (2) Argentina
  • Segunda fase: Galicia (7) / (9) Francia
  • Plate: Galicia (24) / (1) China
  • Plate: Galicia (13) / (10) Chicago
  • Plate: Galicia (23) / (5) San Francisco

Na competición feminina a Selección Galega foi quinta (Shield) tras os seguintes encontros: 

  • Primeira fase: Galicia (22) / (0) Europa 2
  • Primeira fase: Galicia (3) / (10) Canadá
  • Primeira fase: Galicia (5) / (7) Nova York
  • Segunda liguilla: Galicia (19) / (0) Europa 2
  • Segunda liguilla: Galicia (7) / (1) Sudáfrica
  • Segunda liguilla: Galicia (7) / (8) Francia
  • Final Shield: Galicia (12) / (11) Francia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Trece + 1 =