Esquerda Unida súmase á denuncia de SOGAPS e esixe o cese dos actos violentos que se están a producir no Aaiún, capital do Sáhara Occidental

Nestes últimos días estanse a  consumar uns brutais, inhumanos e inaceptables feitos na capital do Sáhara Occidental. Dende Esquerda Unida condenamos enerxicamente esta desproporcionada violencia exercida polas forzas de ocupación marroquí contra a pacífica poboación saharauí, maltratada e violentada sistematicamente. Tamén entendemos que o que sucede no Aaiún esixe unha resposta firme e contundente. Neste senso, sumámonos á denuncia realizada por SOGAPS e animamos a que se efectúe un boicot de produtos de Marrocos,  na liña da campaña BDS contra Israel.

Segundo expresa Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) nun comunicado: “Un grupo de traballadores saharauís desempregados ocuparon pacificamente un autobús da empresa de fosfatos de Fosbucraa, para esixir non ser discriminados polo simple feito de ser saharauís”. Este simple feito levou consigo unha brutal represión “que lembra os feitos históricos da Alemaña nazi. O Aaiún ten declarado o toque de queda polas forzas de ocupación e o número de presas e presos, así como de feridos, que son moi numerosos”, contan.

Ante estes despropósitos que se están a cometer, lembramos que a Xunta de Galicia non está a cumprir a declaración asinada no Parlamento e que instaba ao goberno a deixar de ser cómplice da ditadura de Marrocos e intervir como potencia administradora da última colonia de África. Tal e como recolle o comunicado de Sogaps, con ese paso “evitaríamos tanta inxustiza e sufrimento humano, como esta barbarie de estes días no Aiún. Tamén na terrorífica inxustiza do xuízo militar que se está dando estes días contra os presos do campamento pacífico de Gdeim Izik, toda unha farsa de xuízo”.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × uno =