O Concello de Ourense ocultou información á Valedora do Pobo na investigación do Matadoiro

Os concelleiros de Ourense en Común, Miguel Doval e Martiño X. Vázquez, xunto a Paula Quinteiro, deputada de En Marea no Parlamento de Galicia, reuníanse esta mañá en Compostela co responsable da área de Corporacións locais e servizos municipais da oficina da Valedora do Pobo, para examinar o expediente sobre o caso do matadoiro, aberto neste órgano no pasado mes de febreiro e pechado en marzo, malia a que o Concello de Ourense non facilitou a información que se lle requiría.

Miguel Doval calificou o encontro como “moi satisfactorio”, xa que da reunión de hoxe desprendeuse que “estamos no camiño correcto”, e as presuntas irregularidades na xestión do matadoiro poderían esclarecerse con documentación que están negando tanto o Concello como a Consellería de Sanidade.

O técnico responsable na oficina da valedora asegurou que acolléndose ao dereito de acceso á información recollido na Lei estatal 19/2013, de 9 de decembro, e na Lei autonómica 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, tedes todo o dereito a ter acceso á información que estades pedindo.

É por esto que Ourense en Común continuará adiante na procura da información que se lle está negando e, co reforzo do grupo parlamentar de En Marea, solicitarán á Dirección Xeral de Sanidade, a documentación oficial que asina o servizo veterinario oficial desta Consellería no Matadoiro, como o son os libros de control sanitario no sacrificio de gando.

A comisión municipal constituída no mes de marzo de 2016 a petición de Ourense en Común para investigar as presuntas irregularidades na xestión do matadoiro, mantense inoperante pola falta de interese do equipo de goberno de Jesús Vázquez, que nega, tanto aos grupos como á propia valedora do pobo, o acceso a información relevante que serviría para esclarecer os motivos polos que existen desfases no reconto de cabezas de gando que a concesionaria declara para o pago de taxas ao Concello.

En referencia ás declaracións do alcalde, que aseguraba esta mañá que o grupo foi a Compostela a facer unha foto coa valedora, o grupo contestaba “a nosa política pouco ten que ver coa súa marca Jesús Vázquez para todo, nin existe tal foto de hoxe, nin temos necesidade ningunha de agochar vergoñas con posados; viñemos a Santiago porque o seu equipo non fai o seu traballo, nega o acceso á información e bloquea unha investigación dunha cuestión que afecta directamente ás arcas municipais, propiedade de todas as veciñas de Ourense”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × 5 =