Ciudadanos Lugo alerta da perigosidade da fenda existente no muro da rúa Cidade de Viveiro con Frei Plácido Rei Lemos 

 A voceira do grupo municipal de Ciudadanos no Concello de Lugo, Olga Louzao, alertou esta mañá da situación na que se atopa o muro de contención da escalinata situada entre as rúas Cidade de Viveiro e Frei Plácido Rei Lemos, na zona do Parque Rosalía. 

Segundo denunciou Ciudadanos, este muro, dunha altura considerable, presenta unha fenda de arriba a abaixo que ocupa toda a súa superficie e que leva anos nesa situación, pero que nos últimos días, como consecuencia da auga caída, “semella que incrementou o seu tamaño, tanto en sentido horizontal como vertical, supoñendo un perigo evidente para os peóns que transitan tanto pola escalinata como pola beirarrúa de Cidade de Viceiro e Frai Plácido Lemos, onde ademais son moitos os condutores que estacionan os seus vehículos”.

Por iso, Olga Louzao esíxelle ao Goberno municipal que de xeito inmediato a situación deste muro sexa revisado por técnicos municipais de cara a determinar o seu estado e perigosidade. Ciudadanos considera que o estado no que se atopa desde fai anos “é unha evidencia da desidia e a parálise deste Goberno” e pídelle a Lara Méndez que proceda á súa reparación urxente.

400

Como medida provisional e co ánimo de “evitar que se produza unha desgraza”, a voceira de Ciudadanos propón ao Concello que, “como medida de precaución e mentres non se procede á súa reparación, valore a conveniencia de proceder ao peche e valado da zona para evitar o tránsito de persoas tanto pola escalinata como pola beirarrúa inferior”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

13 − 6 =