David Senra Amaro asumiu este venres a presidencia da xestora de Novas Xeracións de Monforte

 Foi durante un acto celebrado na sede do PP local, co reto posto en reforzar a presencia da formación entre a mocidade do municipio e en traballar pola xuventude da localidade. “Demostraremos, a través do traballo, que somos un equipo preocupado pola nosa cidade e a nosa xente”, afirmou.

No acto de constitución da xestora, o mozo de 27 anos, moi coñecido na cidade ao traballar no sector servizos, contou co apoio do secretario xeral  do PP, Miguel Tellado; así coma do provincial, Carlos Armesto; da presidenta do PP de Monforte, Julia Rodríguez, xunto co do presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo e da súa homónima na provincia, Rosa Arza.

 Xestora Novas Xeracións de Monforte

David Senra, que leva cinco anos vinculado ao partido, definiu o proxecto que se desenvolverá dende a agrupación xuvenil de Novas Xeracións de “ilusionante pero tamén ambicioso”. Para acadalo estará acompañado na xestora local de Ángela Nogueiro Rubinos; JayroTouzón Alvarín; Melany Hernández García; Javier Argiz Martínez; Candela Anca Rodríguez; Manuel López Casas; Sergio Vila Franco e Fátima Llano Quiroga.

O presidente deu as grazas a “todos os que confiades neste equipo de rapaces, que cunha enorme ilusión afrontamos o futuro e que pelexaremos para intentar seguir representando á mocidade”. O elixido tamén tivo palabras de agradecemento para os mozos que integran a xestora de Novas Xeracións da localidade e para todos os cargos políticos e persoas que participaron no acto.

Folla de ruta

O presidente de Novas Xeracións explicou que a folla de ruta se centra en aumentar o número de afiliados á formación vinculada ao PP “sendo capaces de implicar aos mozos e mozas deste municipio e espertando neles a mesma ilusión que temos os que hoxe damos este paso adiante”.

“Nisto traballaremos e nisto nos implicaremos porque a mocidade de Monforte foi a gran esquecida para os Gobernos que tivo este Concello nos últimos anos e actualmente temos un alcalde cuxa única preocupación é saír na foto, xa que debería explicarnos onde están as políticas de emprego e para a mocidade que prometeu nas municipais de 2015”, remarcou.

Entre os obxectivos de Novas Xeracións tamén se atopa o de  intensificar a presenza nas distintas esferas socieconómicas de Monforte e nos centros de formación profesional así como incrementar a actividade con distintas organizacións sen ánimo de lucro. De igual xeito, o presidente tamén puxo de manifesto a disposición de Novas Xeracións co Partido para “apoiarvos en todo”.

400

Reforzo das agrupacións

Novas Xeracións da provincia de Lugo, co apoio do PP que dirixe Elena Candia, continúa a reformar as agrupacións de Novas Xeracións na provincia, xa que consideran “moi necesario” darlle voz aos mozos e mozas lucenses, e a agrupación vinculada ao PP é “un importante vinculo de comunicación coa xuventude”. Á xestora de Novas Xeracións en Monforte, súmanselle as renovacións ou constitucións das formacións  en Triacastela, Lugo, Sarria e Alfoz.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × dos =