E para abrigarte……..un bó cocido galego na Lareira Da Alén

Non deixes pasar a oportunidade que che dan estas datas de frío e abrígate cun bó cocido dos “de antes”.
¡Nada de racións!, que xa fai máis de medio século que pasaron os tempos do racionamento… 5 Kg. de Lacón de Adega con nove meses de curación na serra, Cachucha enteira, Lomedros de xamón, Osos da Soá, Costela, Touciño de tres frevas, Falda de tenreira do país…
¡Non hai mellor abrigo para estes tempos! #CocidosNaLareira
A Casa da Alén, onde nos tempos de hoxe a Lareirada Alén fai realidade os seus obxectivos EtnoGastronómicos leva sido berce, acubillo, refuxio e MATRIA de xeracións fondamente vencelladas a Terra mediata e inmediata… Esta mínima viaxe fotográfica aos anos 60 do pasado século, que mistura a colleita de millo do país co espléndido exemplar de Cabaceiro de 12 pés disposto a acollelo con agarimo e reverencia, retrata moito do que é -e será sempre- a Galicia eterna.