Gymkana grupal polo centro da cidade de Lugo este venres para concienciar sobre o cancro infantil.

A Gymkana Grupal, dirixida a nenos e nenas de 7 a 14 anos, arrincará ás 16:30 horas.

As persoas participantes, divididas en grupos e guiados por un monitor, partirán da Praza Maior. Deberán realizar distintas probas. Unha vez conseguidos os pases á seguinte proba,  realizarán lanzamentos á canastra.

Para finalizar, os dous equipos que superaran antes as probas disputarán un xogo final, onde o equipo gañador recibirá unha serie de premios.

Para partcipar nesta gymkana é precisa a inscrición, que debe facerse no teléfono 699925296.

No acto de presentación, Miguel Fernández felicitou á Asociación Somos Unidos contra o Cancro por conseguir, con esta xornada, unir deporte e solidariedade, amosando a disposición do  Concello, como non pode ser doutro xeito, de colaborar con este tipo de iniciativas. Así  mesmo, o edil convidou a toda a cidadanía a participar neste actividade cun fin tan loable, contando co añadido da participación dos xogadores da liga LEB Ouro nesta xornada.

Pola súa banda, Vázquez agradeceu a colaboración, tanto de Concello, coma do Breogán e a Asociación de Autónomas de Lugo para poder levar a cabo esta xornada. Lembrou que esta é a Semana Internacional do Cancro Infantil, semana chea de actividades, que terá o seu colofón nesta Gymkana Grupal.

Jesús Lázare falou da disposición do Breogán de cara a este tipo de actividades de carácter social, sentindo un grande orgullo ao poder colaborar con asociacións coma Somos Unidos contra o Cancro.

Para rematar, Teresa Fernández, lembrou que o seu colectivo é unha asociación moi particpativa, e máis cando se trata de causas solidarias, ao tempo que se amosou moi contenta de dar visibilidade a este evento a través das súas asociadas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 − ocho =