O Consello Municipal de Igualdade e a Comisión contra a Violencia de Xénero de Ourense aúnan traballo para articular os actos conmemorativos do Día da Muller

Abriuse un prazo para que as entidades, organismos e asociacións que así o desexen poidan presentar as súas propostas documentadas para o Premio Clara Campoamor 2018

O Consello Municipal de Igualdade e a Comisión contra a Violencia de Xénero do Concello de Ourense mantiveron sendas reunións co fin de aunar esforzos e coordinación para articular os actos conmemorativos do Día da Muller.

Ademáis, abriuse un prazo para que as entidades, organismos e asociacións que así o desexen poidan presentar as súas propostas documentadas para o Premio Clara Campoamor 2018.

400

Como novidade, incorporáronse á Comisión de Violencia de Xénero as concellerías de Educación, Sanidade e Servizos Sociais, co obxecto de artellar unha maior transversalidade nas políticas deste eido.

A concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, sinala que “o noso afán é mellorar a coordinación entre os diferentes servizos e organismos, pois todas temos pleno convecemento de que a Igualdade é cousa de todas e todos”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciocho − 7 =