A Radio Municipal de Tui cumpre 25 anos

 A Radio Municipal de Tui cumpre hoxe, 16 de abril, 25 anos dende que comezou as súas emisións no antigo edificio.

 Dende o primeiro día a emisora municipal de Tui fixo unha aposta polo cercano, pola información máis próxima converténdose nun altofalante da actualidade, das actividades, dos eventos en Tui e na súa comarca. 25 anos nos que teñen pasado pola emisora máis de 250 persoas, boa parte deles coma voluntarios que realizaron os seus programas ou participaron coma colaboradores noutros, pero un tempo tamén no que a radio de Tui ten sido o primeiro contacto cun medio de comunicación para moitos profesionais que hoxe realizan o seu labor nos principais medios de comunicación galegos.

Un tempo no que a seriedade e o traballo ben realizado teñen dado coma resultado uns impresionantes niveis de audiencia na comarca do Baixo Miño e en parte do Alto Minho portugués, sendo un referente informativo para toda a zona.

400

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × 5 =