CCOO rexeita os «experimentos» na loita contra os incendios forestais e oponse á presenza de persoas voluntarias no operativo

Comisións Obreiras (CCOO) rexeita os «experimentos» na loita contra os incendios forestais, particularmente a utilización de persoas voluntarias para combater os lumes, como pretende a Consellaría do Medio Rural. Para o sindicato, é unha «irresponsabilidade» a intención da Xunta de permitir que radioaficionados ou ecoloxistas «xoguen a vida» nun labor de «alto risco».

O sindicato tamén se opón á creación dunha base da Unidade Militar de Emerxencias (UME) na provincia de Ourense. Para CCOO, unha proposta deste teor é «descoñecer a realidade do monte galego», onde a UME se ten demostrado como unha «unidade de apoio» para os profesionais do Servizo Público de Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF), pero «totalmente inoperativa» canto á extinción de incendios.

Comisións defende que as proposta de Medio Rural son «inventos extemporáneos» que poderían ter sentido hai máis de vinte anos, «cando non tiñamos en Galicia un servizo profesionalizado».

CCOO rexeita o negocio privado coas bases helitransportadas

Desde o sindicato esixen «por enésima vez» que a Consellaría do Medio Rural aposte por un servizo de emerxencias único. Reclama tamén que sexa público; neste senso, insta á que se deixe de desmantalar en favor de empresas privadas, beneficiadas de operacións como as recentes aperturas de bases helitransportadas de Natutecnia en Portomarín, Toén, Silleda ou Santa Comba.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 + uno =