En Marea apoia a folga estudiantil convocada para o día 19

En Marea respalda o paro estudiantil que o estudantado galego ten convocado para o xoves, 19 de abril. A formación entende que as reivindicacións propostas para conseguir un ensino superior laico, feminista e para todas e todos son básicas e deben ser tidas en conta; e chama á participación da comunidade universitaria nas mobilizacións.

As reclamacións postas enriba da mesa polo estudantado céntranse, fundamentalmente, arredor de dous eixos: o feminista e o democrático. No relativo ao primeiro, trátase de conseguir a aplicación de protocolos contra as violencias machistas nas universidades; incrementar a seguridade nos campus; e acadar a paridade nas direccións dos centros. Así como de introducir unha materia de xénero en todas as titulación; e de incorporar a mirada de xénero de xeito efectivo e transversal a cada unha das materias.

Tamén secunda En Marea as petición do estudantado en relación ao incremento das bolsas. A formación ve básico incrementar a súa contía; pero amén adaptar o protocolo de concesión á realidade da propiedade en Galicia, “de éxito que cousas como ter un alpendre ou unha leira non afecten á posibilidades de ter unha bolsa”, tal e como explica a deputada Luca Chao.

En Marea tamén pon enrica da mesa a necessidade de habilitar bonos transporte. Actualmente “non se ten en conta o custo enorme que ten para os estudantes universitarios moverse dun sitio a outro de Galicia”. Por iso a formación aposta por seguir un modelo de presos reducidos que xa existe noutras partes do estado, como Euskadi.

“Non queremos que sigan desmantelando o ensino público. Por iso o xoves estaremos na rúa, e chamamos a todo o colectivo universitario a secundar estas mobilizacións”, remata Chao.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − ocho =