Éxito no Museo Provincial de Lugo coa colección de Álvaro Gil con máis de 7.000 visitas

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, cualificou “como un auténtico éxito as máis de 7.000 visitas que recibiu a colección cedida á Deputación, de xeito temporal e gratuíto pola familia de Álvaro Gil, que se clausura este domingo. Todos os visitantes puideron desfrutar desta mostra con obras de pintores tan importantes na historia da arte como Zurbarán, Murillo, Zuloaga, Sorolla, Ribera ou Rosales, entre outros artistas”.

“Esta exposición contou, tamén, con 9 visitas guiadas abertas ao público en xeral, e espertou o interese de moitos asistentes como puidemos comprobar ao longo dos días que estivo aberta. Dende o Goberno da Deputación programamos actividades, exposicións e visitas ao longo de todo o ano co obxectivo de aproveitar e divulgar o noso patrimonio material e inmaterial, ao tempo que fomentamos o turismo cultural”.

Exposición de Elías de Segura

García Porto lembrou que nestas datas, os visitantes tamén desfrutaron da exposición “A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda”, que se viu por vez primeira en Lugo, 91 anos despois da súa creación. Ademais, realizouse unha xornada sobre as pinturas murais deste Santuario, que foi un auténtico éxito, e que contou con especialistas e estudosos na materia.

 Vindeiras exposicións

As vindeiras exposición que ten previstas á Rede Museística no Museo Provincial son 3. Unha colección de gravados de Picasso a Annish Kapur que repasa a historia da arte contemporánea española, dende as primeiras vangardas ata as propostas posmodernas de finais do século pasado, que se inaugura o martes día 24. Travesía na que estarán presentes, entre outros, Picasso, Andy Warhol, Dalí, Tapies ou Saura. E no refectorio do Museo exhibirán os seus traballos os alumnos da Escola de Artes Ramón Falcón, tamén este martes día 24. Por último, a sala de exposicións da Deputación, inaugura este xoves día 19 de abril unha completa mostra de Luís Seoane que contén óleos, gravados, parte editorial e a cerámica do protagonista da linguaxe sargadeliana.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

siete + 7 =