Lugo lembra o 87 aniversario da proclamación da II República

A Alcaldesa foi a encargada de poñer voz ao manifesto conmemorativo, co que se celebra a apertura democrática e o compromiso social, reivindicando a loita pola democracia, as liberdades e os dereitos económicos-sociais

O Concello de Lugo celebrou este sábado, 14 de abril, a proclamación da II República Española, hai 87 anos, cunha ofrenda floral e a lectura dun manifesto na Praza da Soidade, en fronte ao monolito que rende homenaxe á República. Aos actos asistiron varios membros da Corporación municipal, presidida pola Alcaldesa, Lara Méndez, ademais da Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos.

A encargada de poñer voz á lectura do manifesto conmemorativo, á que asistiron unha trintena de veciños e veciñas, foi a rexedora:

Na emblemática data deste 14 abril, miramos ao futuro sen deixar de valorar o pasado nin o presente. E facémolo dirixíndonos a todos os demócratas, xa sexan de dereitas ou de esquerdas, se consideren ou non reublicanos, con identidades culturais e crenzas diversas.

 Dirixímos a todos e todas as demócratas por encima das diferenzas, porque o que celebramos hoxe é a apertura democrática, o compromiso social e a construcción dunha España próspera e plural. Reivindicar os valores da República significa reivindicar a loita pola democracia, as liberdades, os dereitos económico-sociais e o autogoberno para as nacionalidades e rexións.

 Son moitas as persoas que se senten republicanas e por iso, é de dereito, reivindicar a historia democrática do noso pobo. O pensamento republicano non se esgota co cuestionamento do monárquico, iso soamente é unha parte do todo da cultura republicana que pretende situar á persoa como centro da acción política e reactivar socialmente á cidadanía para que participe nos procesos de interese xeral, o que nos dispón a creer firmemente na democracia.

 Celebramos 87 anos da programación da Segunda República Española con toda a enerxía e convicción que merece. E facémolo, sen dúbida, para conmemorar un feito que abriu a porta ao mellor patrimonio que ten o noso país, as persoas obreiras, mulleres, intelectuais, estudiantes, en definitiva, a toda persoa amante da liberdade.

 A República, ademais de representar un período de progreso político e social no noso país, non soamente avanzou aspectos que incorporou o réxime actual, como os dereitos da muller ou o sistema de protección social, senón que consigiu un gran desenvovlemento demococrático. Toda esta transcendencia da nosa Segunda República é o que nos obriga, non só a celebrala cada ano, que tamén, senón a tela como referente no noso traballo cotiá. E non por quedarnos no pasado, non, por loitar por un futuro.

 Por iso hoxe, neste 87 aniversario da proclamación da II República, queremos sumarnos a esta conmemoración non como punto de destino, senón como punto de partida. Queremos lembrar e honrar a todas as mulleres e homes que loitaron por unha nova vida e unha novo sociedade, a todos aqueles executados, reprimidos ou exiliados, unha tarefa na recuperación da memoria colectiva.

 Defendamos os valores republicanos, non por morriña ou nostalixa, senón por convencemento de que o réximo republicano garante os dereitos e liberdades democráticas, o autogoberno do Estado e o desenvolvemento dos dereitos sociais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecisiete + trece =