Turismo de Galicia participa no Argus Bike Festival en Viena, un dos eventos máis importantes organizado arredor do mundo da bicicleta en Centroeuropa

A oferta para a práctica da bicicleta de montaña BTT Galicia promóvese esta fin de semana na capital de Austria, Viena, dentro dun dos acontecementos máis destacados dos que se organizan arredor do mundo da bicicleta en Centroeuropa. Trátase do Argus Bike Festival, que se desenvolve na Praza do Concello de Viena e que acolle as principais novidades europeas canto ao cicloturismo.

Deste xeito, o departamento de Turismo da Xunta de Galicia ten a oportunidade de divulgar e expoñer a oferta relacionada cos catro centros BTT cos que conta a Comunidade galega na actualidade: O Salnés, Portas de Galicia, Ribeira Sacra e Serra do Xurés.

Ademais, Turismo de Galicia presenta as posibilidades que ofrece o territorio galego para o cicloturismo así como a súa oferta turística xeral, a través dos seus principais recursos.

Por outra parte, polo que respecta á demanda turística,o pasado ano, 12.000 austríacos visitaron Galicia e realizaron 17.000 pernoitas nos establecementos hoteleiros galegos.

Centros BTT Galicia

 Centros BTT Galicia é un proxecto que pretende dotar a Galicia dunha rede de espazos para a práctica con bicicletas todo terreo (BTT). Un Centro BTT é un espazo ao aire libre, deseñado e preparado para usuarios da bicicleta de montaña, que posibilita o coñecemento do medio rural e natural a través da desta práctica deportiva. Así, os usuarios poden atopar todo tipo de servizos e rutas para esta práctica deportiva en contornas rurais.

Constan dun espazo de acollida e información, onde se ofrecen servizos como o de alugueiro de bicicletas, servizo de limpeza, vestiarios ou duchas, así como información específica das rutas turísticas da zona na que está implantado. Forman parte do centro BTT un conxunto de rutas, de varios niveis de dificultade, que suman polo menos 100 quilómetros de lonxitude, convenientemente trazadas e sinalizadas pola comarca na que radica o centro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

8 − uno =