A parroquia de Corcoesto homenaxea no día das Letras Galegas ás Mestras e Mestres da parroquia entre os anos 1882 e 1976, e en especial ao mestre Urbano Chans Velo, veciño da parroquia.

O sábado 19 de maio ás 16 horas no local social de Cures terá lugar unha mesa redonda organizada pola veciñanza para falar da memoria histórica e das súas vivenzas en relación a Urbano Chans Velo, Vicenta González Vizoso, Casilda Sendón Cardama, Carme Frade González, Celsa Álvarez Arcos, Beatriz, Chelo, Clarisa Miñones Santos, Ana María González Saavedra… etc.

Urbano Chans Velo foi o primeiro mestre da escola de Corcoesto, con un soldo de 500 pesetas anuais, pola lei de orzamentos xerais do Estado do 29 de decembro de 1903 e Real Decreto e Real Orde do 8 de xaneiro de 1904. Adquiriu a praza por concurso e foi nomeado o 10 de xuño de 1882. Tomou posesión da praza en propiedade o 20 de xullo de 1882 e cesaría por xubilación aos 70 anos, o 31 de decembro de 1903. Xubilouse con 27 anos de servizo e 16 días.

Naceu o 24 de marzo de 1839, sendo presbítero de Corcoesto Gregorio Baneyra, quen con licencia expresa de Antonio Rodríguez Ardeleiros, cura nese intre da parroquia, informa que bautizou a Urbano Chans, fillo de Antonio Chans e Josefa Velo. Os avós paternos eran de Anllóns, Bernardo Chans e María Reyno. A avoa materna, Josefa Velo, xa defunta, era natural de San Pedro de Valenza. Os seus padriños de bautizo foron Urbano Sánchez e María de Lema, veciñanza de Corcoesto. Certifica estes feitos o párroco José Martínez Rudiño.

Haberá un apartado específico para a lembranza do tamén veciño José Valledor Ochoa, impulsor do antigo cemiterio civil de Corcoesto e defensor dos dereitos das persoas disidentes da igrexa católica no ano 1928.

No acto procederase ao descubrimento de sendas placas conmemorativas ás persoas homenaxeadas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × 2 =