O Goberno da @depulugo promociona o aceite de Lugo coa Mostra de Quiroga

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, e o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, presentaron este xoves a XVIII Mostra do Aceite de Quiroga, que terá lugar o domingo 20 de maio, no que participan 6 produtores. O Goberno da Deputación impulsa esta cita cunha achega económica de 3.000 euros. Ao estar recoñecida como cita de Interese Turística Galego, a Xunta colabora con 3.000 euros e Abanca con 1.500 euros.

Vidal Baamonde sinalou que “esta cita, que xa que está recoñecida como de Interese Turístico Galego, forma parte da nosa aposta polo impulso dos produtos autóctonos e o turismo gastronómico, así como a promoción de todos os recursos da vila, ao mesmo tempo que axudamos aos profesionais que se dedican a súa produción, dinamizando a economía local e potenciando o turismo desta zona.”

O Deputado lembrou que na pasada anualidade o Executivo Provincial adicou á promoción da provincia máis de 300.000 euros do Plan Estratéxico de Turismo, máis de 100.000 euros para os 4 xeodestinos, os catamaráns, ademais de outras iniciativas como o primeiro festival de música internacional que levamos á Ribeira Sacra, e colaboracións con 71 citas turísticas e gastronómicas de 52 Concellos, coas que a Deputación contribúe a dinamizar a economía local.

O Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, convidou a todos os visitantes a achegarse ao muíño de aceite de Bendilló o domingo día 20 para “vivir unha experiencia única, nun entorno excepcional da provincia de Lugo, como é esta Comarca”. Lembrou ademais que por Quiroga pasa o Camiño de Inverno, nun total de 10 etapas por 263 km. Esta ruta é unha boa opción para a época de choivas e neve, aínda que cada vez son máis os peregrinos que a elixen durante a primavera e o verán polo seu frondosa vexetación e as súas grandes panorámicas que atravesan o Canón do Sil.

Produción artesanal

Quiroga é unha das poucas zonas de Galicia onde se mantivo o cultivo de olivos e a elaboración tradicional do aceite, por iso celebra desde o ano 2000 unha mostra que ofrece a posibilidade de contemplar o proceso íntegro desta elaboración artesanal. Esta cita anual celébrase no lugar das Farrapas da parroquia de Bendilló, no muíño de aceite de Guillermo Nogueira. Aquí os visitantes poden contemplar este proceso a través de moendas que se realizan nesta data, e nas que se emprega o instrumental e os procedementos que marca a tradición.

Petroni ENTRADAS

A tradición olivareira do val que forma o río Sil entre Quiroga e Ribas de Sil remóntase a varios séculos atrás. O seu clima cálido e terras fértiles favorecen o crecemento dos olivos, dos que se calcula que 3.000 mantéñense produtivos. O resultado é un aceite virxe extra, de cor amarela verdoso, limpo e brillante. Os cálculos apuntan que a produción total pode ser de ao redor de 30.000 litros de aceite, dos que 8.000 son elaborados para a súa venda comercial.

 Programación da xornada

A XVIII Mostra do Aceite de Quiroga comeza coa cata dos aceites inscritos para a mostra, o venres día 11 de maio, no Museo Etnográfico Municipal da vila. E o domingo, día 20, a partir das 11:30 horas arranca esta celebración coa posta en funcionamento do Muiño de Bendilló, e coa demostración da elaboración tradicional do aceite durante todo o día. Ás 11:45 horas actuará o Grupo de Gaitas “Alecrín” no recinto da feira. As 12:00 horas comeza a cata comentada dos aceites participantes.

Ás 13:15 horas haberá actuacións de danza e música tradicional galega a cargos das agrupacións locais; Alecrín e San Martiño. A xornada remata coa actuación de gaitas “O Recanto”, de Quiroga.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × 4 =