O PP facilita que os afiliados participen activamente na vida política do Partido coa aplicación Populares LugoApp

Os usuarios, que poden descargala gratuitamente, recibirán nos seus terminais información dos seus concellos, poderán poñerse en contacto cos seus líderes locais e participar en distintas enquisas

A presidenta Provincial, Elena Candia, e o vicesecretario de Novas Tecnoloxías, Manuel Antonio Fernández Piñeiro, presentaron este martes a aplicación Populares Lugo App, a través da cal os afiliados recibirán información dos seus concellos, poderán poñerse en contacto cos seus líderes locais e participar en distintas enquisas.

A nova plataforma xa está dispoñible e pode descargarse de forma gratuíta tanto en Google Play para teléfonos Android, como no AppStore para os iOSde Apple. Deste xeito, segundo apuntou Elena Candia, “será unha ferramenta que permitirá intensificar o contacto cos afiliados”.

“Todos sabemos a influencia que teñen hoxe en día os medios on line. Por iso, no PP de Lugo puxemos en marcha esta iniciativa bidireccional que tamén nos permitirá tomar decisións naqueles asuntos que realmente lle preocupan aos cidadáns. Non estar nas redes é un erro, pero hai que facelo de forma responsable, e isto é un paso máis”. A este respecto, a presidenta remarcou que a aplicación “permitirá que os afiliados e, porque non dicilo, os simpatizantes tamén, teñan un comunicación máis directa co Partido e incluso nos axuden a decidir o sentido do voto”, en cuestións como poden ser, dixo, os convenios que a Deputación puxo en marcha para as residencias da terceira idade e que obrigan aos Concellos a aportar unha importante cantidade de diñeiro. É dicir, a ferramenta contribúe a que “non só sigamos traballando para as citas electorais, senón a conectar coa militancia e equivocarnos o menos posible”.

Tal e así que, segundo explicou Fernández Piñeiro, está pensada, fundamentalmente, para que os usuarios poidan transmitir “de maneira directa, áxil e persoal” calquera necesidade ou demanda cos cargos orgánicos, tanto dos 67 Concellos como dos provinciais.

Vía de contacto en dúas direccións”

Pretende ser una “vía de contacto en dúas direccións”: os afiliados poderán contactar, opinar e informarse das novas máis relevantes dos municipios nos que se deande alta. Á súa vez, Concellos e a organización provincial poderán comunicar, consultar e notificar aquelas cuestións que sexan ou de interese para os afiliados. “O noso afán principal, apuntou o vicesecretario de Novas Tecnoloxías, é facilitarles unhaferramenta de participación directa co Partido”.

Esta ferramenta complementa tanto a páxina web http://www.ppdelugo.es como o “Buzón do afiliado” posto en funcionamiento para a comunicación cos cargos orgánicos provinciais (presidenta, vicepresidente, secretario xeral e secretario de organización).

Neste senso, Populares Lugo App completa, facilita e dá a oportunidade de participar tanto no día do Partido, como en aquelas decisións relevantes que a organización se compromete a consultar mediante as enquisas “Flash”.

É unha aplicación moi sinxela de usar, que está estructurada para que calquera persoa poida configurar e usar segundo as súas necesidades e intereses. Os usuarios recibirán de maneira instantánea nos seus terminais notificacións e alertas tanto de novas relevantes dos municipios nos que se deron de alta, así como de convocatorias de actos e enquisas para coñecer a súa opinión sobre asuntos relevantes que axuden a tomar mellores decisións. “A finalidade, en última instancia, é que os usuarios participen activamente na vida política do Partido”, concluíu Fernández Piñeiro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

seis + 17 =