O SLG interpela ao Catastro para saber se os erros masivos na revisión de Vilalba e Cospeito se dan en máis concellos

Só na provincia de Lugo, 56 municipios teñen ponencias de valores catastrais anteriores ao 1 de xaneiro de 2006 e, polo tanto, poderían verse tamén afectados por cobros indebidos

Do mesmo xeito que aconteceu en Vilalba o ano pasado, neste 2018 a veciñanza de Cospeito vén de recibir 400 notificacións nas que lles reclaman atrasos do IBI de 2016 a bens regularizados ese mesmo ano. Xa non abondaba cos prexuízos económicos do catastrazo -taxas de 60 euros na revisión de cada ben e o correspondente incremento do IBI-, senón que agora castigan aos e ás contribuíntes cunha carreira de obstáculos burocrática innecesaria motivada por erros administrativos. Despois de varias comprobacións, no SLG constatamos que moitos deses expedientes correspóndense con cortes e instalacións agrarias e non teñen a obriga de pagar eses atrasos porque as alteracións deberían ter efectos no Catastro Inmobiliario dende o 1 de xaneiro seguinte a aquel no que se publique a resolución do procedemento de regularizacion catastral en cada municipio. A normativa reguladora especifica di sobre a data de alta para as construcións indispensables para o desenvolvemento das explotacións agrarias que: “Los valores tendrán efectividad el día 1 de enero siguiente a aquel en que se publique la mencionada resolución, con independencia de la fecha en que se notifiquen.” É dicir, o erro radica en que os expedientes foron tramitados como de “regularización” e non como “regularización rústica indispensable”.

Só 11 dos 67 municipios lucenses están “vacinados” contra estes cobros indebidos do Catastro

No Sindicato Labrego Galego, preocúpanos que esta situación se teña dado no pasado en máis concellos ademais de Vilalba e Cospeito, e se estea a producir na actualidade noutros municipios galegos. Tendo en conta que o problema xorde nos concellos que teñen ponencia de valores anterior ao 1 de xaneiro de 2006, que na provincia de Lugo só 11 concellos dos 67 teñen actualizada nunha data posterior, e que na actualidade a maioría xa teñen rematado o proceso de regularización, podería haber ducias de municipios afectados en toda Galiza nos que se lles está a cobrar atrasos do IBI indebidamente. Diante disto, o Sindicato Labrego Galego rexistrou hoxe mesmo, 11 de maio, un escrito dirixido á Xerencia Territorial do Catastro preguntándolle se esta situación se deu en máis concellos galegos e, de ter sido así, inquerimos a enumeración dos mesmos. Tamén lle preguntamos cal é a maneira de proceder do Catastro diante desta problemática e se van revisar de oficio os expedientes. En caso de non terse feito estas comprobacións, dende o SLG urximos ao Catastro a comprobar todos os concellos nos que se puido detectar este problema e a actuar de oficio, informando aos e ás contribuíntes afectados/as. A maiores, tamén pedimos unha entrevista con reponsables da Xerencia Territorial do Catastro para abordar esta problemática.

Fundamentos legais

Vexámolo no Real Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do Catastro Inmobiliario. A disposición adicional terceira do procedemento de regularización catastral 2013-2016 di:

  1. La incorporación en el Catastro de los bienes inmuebles o la modificación de su descripción resultante de la regularización, surtirá efectos desde el día siguiente a aquél en que se produjeron los hechos, actos o negocios que originen la incorporación o modificación catastral, con independencia del momento en que se notifiquen, sin perjuicio de lo dispuesto en el párrafo tercero de la disposición adicional cuarta para aquellos bienes inmuebles que tengan naturaleza rústica y cuenten con construcciones indispensables para el desarrollo de las explotaciones agrícolas, ganaderas o forestales.

En canto a esa disposición adicional cuarta sobre a valoración das construcións indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais en solo rústico, di:

“En aquellos municipios en los que no se haya realizado un procedimiento de valoración colectiva de carácter general con posterioridad al 1 de enero de 2006, a partir de la publicación de la resolución a la que se refiere el apartado 2 de la disposición adicional tercera, se determinará un nuevo valor catastral para aquellos bienes inmuebles que, con arreglo a la normativa anterior a la Ley 48/2002, de 23 de diciembre, del Catastro Inmobiliario, tengan naturaleza rústica y cuenten con construcciones indispensables para el desarrollo de las explotaciones agrícolas, ganaderas o forestales.

Estos valores, en tanto no se aprueben las nuevas normas reglamentarias de valoración de inmuebles rústicos, se obtendrán por la aplicación de las reglas contenidas en la disposición transitoria primera, referidas a la ponencia de valores vigente en el municipio. Los valores tendrán efectividad el día 1 de enero siguiente a aquel en que se publique la mencionada resolución, con independencia de la fecha en que se notifiquen.”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 + diecinueve =