Primeira denuncia no Xulgado de Mondoñedo dun paciente despois de agardar case dous anos para facerlle unha proba de esforzo, sen que o chamaran nen lle deran unha soa explicación

O paciente ten colocado un stent , segundo relata, na arteria coronaria dereita desde o ano 2006 e precisa ser controlado con probas de esforzo. A última vez que fixo unha foi en xullo de 2015. Como estes controis deben ser anuais tocaríalle en xullo do ano 2016, máis case dóus anos despois segue sen ser chamado e sen recibir explicación algunha por parte do SERGAS. Acudiu a Atención ao Paciente en varias ocasións pero, como ven sendo habitual fixéronlle caso omiso.

Por iste motivo decide contactar coa Plataforma Sanitaria que lle axuda a redactar unha reclamación rexistrada o día 19 de abril de 2018 , con número de entrada 1887.Pasado case un mes desde a súa presentación o paciente segue relegado ao esquecemento por parte da xerencia.  A  gota que colmou o vaso e que lle empurrou a acudir ao xulgado foi que, cando o pasado mes de abril acudiu á farmacia a  retirar a medicación que invariablemente toma desde o ano 2006

atópome coa sorpresa de que me modificaran a dose dun deles sen previo aviso e sen que ninguén me informara de nada nen fora visto por médico algún. Cando lle preguntei á miña médica de familia, gran profesional e con gran interés polos seus pacientes, díxome que ella recibira ordes escritas de tal cambio “- comenta visiblemente enoxado.

O paciente presenta un  escrito de denuncia no Xulgado de Mondoñedo o día 11 de maio de 2018 e inmediatamente despois contacta de novo coa Plataforma anunciando que desexa acudir aos meios de comunicación e acusa “ á Xerencia do Sergas e á Xunta de Galicia de desprezo aos pacientes pois parece que o servizo de Saúde Pública está en mans de políticos manipuladores da nosa saúde polo simple feito, segundo se lles oe decir, para aforrar cartos”-relata o paciente na súa denuncia.

Para a Plataforma Sanitaria este caso supera con moito os límites tolerables  e a paciencia infinita  que @s veciñ@s estan a amosar cara á administración que día tras día devolve esta consideración en foma de desprezo, burla e falta de respecto. Desde este colectivo  esiximos a esta Xerencia e ao Sergas que se deixe xa de propaganda  ambigua e autocomplacente e que se poña a traballar de verdade nunha xestión en función das necesidades da poboación sen primar criterios economicistas porque “todo ten un límite e a paciencia de pacientes e profesionais esta a punto de esgotarse , e cando esto ocurre nunca se sabe por onde pode estoupar a indignación veciñal”- conclúen desde a Plataforma.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro + dieciseis =