Kafkiana Inés Arrimadas

Frank Kafka, o xenial escritor checo, é dos poucos que conseguiu que o seu apelido dese explicación a situacións, digamos, algo absurdas ou surrealistas, que non poden entenderse baixo resposta racional pero que, como as meigas, habelas hainas. A deputada do Parlament catalán Inés Arrimadas, é pródiga nese tipo de kafkianas situacións, como laiarse no atril perante un pleno da cámara catalana, de que as súas señorías alí presentes e pertencentes a outros grupos non a saudasen cando se cruzaban polos andares. No mesmo atril, ela estaba alí para defender que compañeiros desas mesmas señorías fosen encarceados por trinta anos por un quítame alá un reférendum sen tanques nas rúas, nin tiros, nin un vulgar “¡que se sienten, coño!. Kafkiano tamén que pese a ser gañadora en votos -non en escanos- das recentes elecións catalanas, nin se lle pasase pola cabeza tentar formar goberno e acabar con esa lacra independentista que oprime a todo o que non sexa catalán coma ela, xerezana que, pese a todo iso, é a xefa da oposición dese Parlament. Algo que só pode ter unha explicación kafkiana, por suposto. Leer más

A desmemoria da choiva

Ao contrario que en A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, a marabillosa novela onde un dos nosos distintivos nacionais garda os segredos que envolven a trama, no inverno que estamos a vivir o único que non parece lembrar é escampar. Non hai nada máis tenro que galegos e galegas queixándose da auga, de que chove moito, de que carallo era iso que dicían do cambio climático. De a ver se pensabas que isto era Andalucía, coma cantan os Poetarras na súa alegórica Chove en Galiza Leer más

O avó ten un plan. Por @DulceCorcu

Os tempos en que viamos aos nosos maiores vexetando ao sol e matando o tempo tirándolle pan ás pombas nos parques, parece que toca ó seu fin. Agora, coa crise e a difícil conciliación laboral, moito do seu lecer vai en ocuparse dos netos e netas, e parte da súa pensión, no mesmo cometido, pois pese á bonanza que nos anuncian dende foros gubernamentais a diario, a realidade aínda é moito desemprego ou emprego tan precario que non permite subsistir só con el. E quizais por iso, pola carraxe de verse despois de toda unha vida de traballo aquí ou na emigración, abocados de novo a un horario establecido de obrigas, a contar o patacón para que non falte o prato na mesa cada día do mes, andan estes días en pé de guerra para reivindicar o que os máis novos non somos capaces: o dereito a poder vivir con dignidade do froito do seu traballo. Leer más

Línguas de cinema. Por @DulceCorcu

Acabada a festa -este ano, a xulgar polas críticas, festiña- do cinema español encarnada nesa gala dos Goya sempre reivindicativa e con cheiro progre, que esta edición non quixo ser menos e abogóu por visibilizar, non sempre coa mellor fortuna, a presenza da muller no eido cinematográfico, por máis que en moitas das postas en escea e os discursos só se vise banalizar o feminismo co conseguínte perigo que iso supón para quen de verdade traballa a prol del. O verdadeiro triunfo da noite, indiscutible e inapelable, foi o dos outros idiomas do Estado que non son o castelán. Unha película vasca e unha catalana triunfadoras con películas na súas línguas, catalán e euskera. E agora imaxinádeo en Galicia, onde aínda se roda escasísimamente en galego e que, en canto traspasa Pedrafita, xa aparece dobrada ao castelán, non vaia ser que nos confundan con perigosos nacionalistas. Leer más

Tirando da Lingua – Asuntos Sucios

Na película de Mike Figgis, un honrado policía vese na tesitura de ter que investigar a compañeiros non tan respectuosos coa laboura á que son encomendados: librarnos de delincuentes e non sumarse a eles. Non fai falla ir á ficción para atoparse con casos de todo tipo onde as forzas da Lei non son precisamente un modelo de virtude nin entrega ao servizo que supostamente lles corresponde. Pero hai casos onde saltarse todos eses códigos non só non resta, senón que incentiva e por iso dase a paradoxa de que un policía coma Manuel Sánchez Corbí, condeado por torturas a pena de cárcere e inhabilitación atópese neste intre coma nada menos que xefe da Unidade Central Operativa (UCO). Quizais o de poñer ao mando a policías honrados como na película de Figgis, en España esté sobrevalorado.  Leer más

1 2