Cadernos da viaxe – Ao César o que lle pertence

Obxectivamente non hai quen poida negar o grandísimo traballo desenvolvido por moitas entidades e persoeiros católicos a prol da paz, da integración social e dun mundo mellor. Velaí os casos de Caritas, Mans Unidas ou Proxecto Home, da loita contra as minas antipersoas  do bispo xesuita Kike Figaredo en Cambodia ou do labor silente do salesiano galego José Antonio San Martín na recuperación para a sociedade de ducias de rapaces e rapazas antes encadrados nas guerrillas colombianas Leer más

Cadernos da viaxe. Falemos de diñeiro. Por Xoán Antón Pérez Lema

 

Dicía Suso de Toro xa no 2003 que ”a política española é un xogo de caloteiros con cartas marcadas e ases  na manga”. Unha realidade multiplicada no 2018 cando o tripartito do 155 loita por unha brutal recentralización que abeira tamén a plena centralización financeira e económica en Madrid, arredor das elites financeiras, da distribución eléctrica e das actividades concesionais e construtoras que compoñen o chamado “capitalismo castizo do BOE”. Leer más

Cadernos da viaxe. PRESOS PARA TODA A VIDA.

 Foille abonda ao PP a súa maioría absoluta para introducir en marzo de 2015 a  prisión permanente revisábel (PPR), que permite condenar ao cárcere por tempo indefinido aos que cometen delictos de asasinato no seo de organizacións criminais, asasinatos múltiples ou en serie, homicidio do Xefe do Estado, do seu sucesor ou de Xefes do Estado estranxeiros, xenocidio ou semellantes, asasinato de menores de 16 anos ou persoas especialmente vulnerábeis e indefensas e calquera asasinato precedido de agresión sexual. A permanencia no cárcere revisaríase cada dous anos logo de se cumprir  25 anos de cumprimento (cando o feito puníbel consista nunha morte ) ou aos 35, cando sexan dúas ou máis. Leer más

Cadernos da viaxe. AFOUTEZA

Afouteza  foi a verba do ano 2017 escollida  pola maioría dos votos do público no Portal das Palabras da RAG. Afouteza ten dous sentidos segundo o Dicionario da RAG:  disposición de espirito para actuar sen temor aos perigos e a seguridade que alguén ten en si mesmo. Xa que logo, unha persoa afouta non é  temeraria, porque dirixe a súa acción consciente deses perigos e non enfronta o que non pode conlevar. A afouteza é un concepto proactivo, moito máis aló da reactiva teimudez que, porén, poderá constituir unha das cualidades da persoa afouta en varias das etapas da súa acción. Leer más

Cadernos da viaxe. A Pandemia da violencia machista

Na nosa sociedade quizais non exista  outro problema que afecte tan directamente aos principais dereitos fundamentais  (vida, integridade física e  liberdades) como a violencia machista, tendo en conta o número de persoas atinxidas. Só no noso País a policía protexe 3.100 vítimas, case o 0,25% da poboación feminina total. E cumpriría engadir ao universo de persoas en risco aquelas que non denunciaron ou as que denunciaron e non tiveron acollida a xeito (que destas tamèn hai). Leer más

1 2