Comunicado dos Círculos Podemos Sanxenxo

Parece ser que, tras 11 anos, dáse carpetazo a unha denuncia contra Telmo Martín e as súas empresas amigas pola construción do famoso edificio de Baltar, unha denuncia que implicaba danos á natureza ao invadir as marxes do río, ademais  recalificaciones e vendas moi beneficiosas para o noso alcalde.
A xustiza, de novo e como tantas veces observamos, non parece ser igual para todos. As normas, sempre suxeitas a interpretacións, parecen relaxarse cando de delitos económicos se trata e, canto maiores son as cantidades, maior é a incapacidade da xustiza para dar respostas que satisfagan á sociedade, non aos delincuentes.
Podemos Sanxenxo coñece o éxito empresarial  do Sr. Martín desde que entrou en política igual que coñece os innumerables casos de corrupción nos que está inmerso o seu partido e que son, sen dúbida, só a punta do iceberg desa gran estafa na que os señores do PP exercen un destacado protagonismo.
Tamén temos claro que, mentres sigan administrándonos os mesmos partidos que nos han traido ata onde estamos, este país non poderá saír do contexto de crise que tanto dano está a facernos.
En política, como na vida, non só se debe ser honrado, tamén hai que parecelo. É evidente que moitos representantes públicos teñen perdido a capacidade de parecer honrados xa hai tempo. Tamén resulta claro que o sistema xudicial que soportamos necesita unha gran reforma. Parabéns, señor alcalde. Desexámoslle que siga tendo a mesma sorte nos demais casos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − diez =