Galicia no festival gastronómico Gijón se Come

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, visitou esta mañá o expositor da Consellería do Mar no festival gastronómico Gijón se Come, que se celebra entre hoxe e o luns nesta cidade asturiana, e tamén visitou ás empresas galegas do eido marítimo-pesqueiro presentes neste certame.

 A esta cita a Consellería do Mar asiste cun expositor de 36 metros cadrados no que alberga a cinco empresas galegas coexpositoras do mundo do mar. Ademais, dentro da programación da Consellería do Mar neste evento, o luns a partir das 12:45 horas no escenario Ikea, ofrecerase o relatorio O noso mar marca, no que se exporán produtos das empresas galegas presentes no expositor da Consellería e se presentará a marca de calidade pescadeRías.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

9 − 4 =