O Concello de Nigrán ofrece o sábado o concerto benéfico de Nadal das corais do municipio no que se estreará un vídeo de homenaxe aos afectados polos incendios

A entrada consiste na aportación dalgún alimento non perecedeiro

O Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o seu tradicional concerto benéfico de Nadal con tódalas corais do municipio: Novos Aires de Nigrán, Vagalume de Chandebrito, Ecos do Castelo de Parada e Stella Maris de Priegue.

A entrada consiste na aportación dalgún alimento non perecedeiro para que, a través de Asuntos Sociais do Concello, se destine a persoas con escasos recursos.  O Concello de Nigrán aproveitará a ocasión para estrear un vídeo de homenaxe aos afectados polos incendios do 15 de outubro, trátase de 12 minutos de imaxes aéreas captadas por un dron no que se pode apreciar a devastación causada polo lume nas parroquias de Chandebrito, Camos e Parada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

16 + 12 =