Os festivos locais en Ourense para 2018 serán o 13 de febreiro, Entroido, e o 12 de novembro, San Martiño

Os festivos locais en Ourense para 2018 serán o 13 de febreiro, Entroido, e o 12 de novembro, San Martiño

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia os días festivos de carácter local para o ano 2018. No que atinxe ao Concello de Ourense, estas serán o martes 13 de febreiro, Entroido, e o luns 12 de novembro, San Martiño (o día propio é o 11, que cae a domingo).

Este calendario está elaborado polas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en cumprimento do disposto no artigo 37.2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, así como no artigo 2 do Decreto 86/2017, do 7 de setembro, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2018 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 175, do 14 de setembro de 2017), segundo o procedemento establecido e en virtude das resolucións ditadas para o efecto.

Consulta o DOG do 7 de decembro de 2017.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

18 − 12 =