Por sexto ano consecutivo célebrase o Torneo do Salnés preparatorio para o Campionato de España

Este torneo, que terá lugar os días 7, 8 e 9 de decembro, contará coas seleccións de Galicia e Asturias, ademais de equipos de varios clubs galegos.

Un ano máis, e xa vai pola sexta edición, Galicia celebrará o Torneo Galicia-Salnés das categorías xuvenil, infantil  e cadete (masculina e feminina). Este ano competirán polo título do torneo as seleccións de Galicia e Asturias, pero ademais participarán equipos de varios clubs galegos, que servirán como “sparring” para as seleccións, cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do mes de xaneiro de 2018 en Vigo e Pontevedra.

También te puede interesar...

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 + 12 =