Viaqua faille entrega ao alcalde de Ourense do seu informe executivo de desenvolvemento sostible

O director xeral de Viaqua, Julio Masid, e a responsable da empresa en Ourense (zona Este), Ana Tejeiro, explicaron ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, os detalles do primeiro informe executivo de desenvolvemento sostible da empresa concesionaria do Servizo de Augas, na liña de obrigas e deberes cos clientes, pero tamén coa transparencia e responsabilidade.

Así, este documento presenta o desempeño econóimico, ambiental e social da organización, así como os resultados alcanzados. Na reunión, Julio masid e Ana Tejeiro explicaron que en todo momento buscouse a transparencia e responsabilidade cara os grupos de relación. Así, a información recompilada responde aos aspectos identificados como materiais, incluindo os indicadores entendidos como máis axeitados para dar resposta ás demandas de información. Este resumo, ademáis, redactouse dacordo coa guía para a elaboración de memorias de sustentabilidade publicada por Global Reporting Initiative, comprendendo o período entre xaneiro e decembro de 2016.

Trala reunión, o alcalde Jesús Vázquez, sinalou que Viaqua “refrenda con este traballo os 10 principios de desenvolvemento sostible que practica a empresa”, como son o bo goberno e xestión ética; o equipo humán e desenvolvemento do talento; o respecto polo Medio Ambiente; o fortalecemento da cadena de proveedores; a orientación cara o cliente; a implicación social e dereito á auga; a innovación sostible; a rendición de contas e transparencia; a promoción do desenvolvemento sostible e responsabilidade corporativa; e a relación cos grupos de interese, sempre baixo as premisas do diálogo e a comunicación.

Ademáis, Jesús Vázquez salienta que “Viaqua é unha empresa cunha responsabilidade e conciencia social que vemos na xestión diaria desta cidade, fondamente implicada coa vida social e cultural de Ourense e sempre disposta a cooperar en todo aquilo que lle solicitemos desde o Concello”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce − 2 =