A folga de funcionarios provoca un aumento do 14,4 % dos asuntos xudiciais en trámite

A folga de funcionarios que traballan en Galicia para a Administración de Xustiza tivo importantes efectos na situación dos órganos xudiciais, segundo se desprende do informe publicado hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial. O número de asuntos en trámite aumentou un 14,4 por cento, ao pasar de 127 803 a comezos de ano a 135 913 ao final do trimestre. Previsiblemente, o número de asuntos pendentes se incrementará máis cando os procedementos que aínda están sen repartir aos órganos xudiciais sexan xestionados polos servizos correspondentes. As sentenzas ditadas tamén diminuíron con respecto ao mesmo trimestre de 2017, un 31,6 %.

 O número de asuntos ingresados no primeiro trimestre de 2018 na comunidade foi de 59 667, o que supón unha diminución do 28,1 por cento con respecto ao mesmo período do ano pasado. Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo resolvéronse 51 042 casos, o que supón unha baixada do 41,2 por cento.

 O seguinte cadro mostra a evolución nas diferentes xurisdicións:

Ingresados

Resoltos

En trámite

Sentenzas

Civil

-24,0%

-39,3%

24,8%

-32,9%

Penal

-32,9%

-44,3%

12,9%

-32,3%

Contencioso -Administrativa             

-23,4%

-41,6%

2,5%

-31,2%

Social                           

-20,1%

-32,7%

-3,2%

-29,0%

Total

-28,1%

-41,2%

14,4%

-31,6%

Ao final do trimestre quedaron 56 889 escritos pendentes de prover, deles 33 008 con máis de 30 días de antigüidade. Á parte dos asuntos non repartidos, había 19 320 asuntos pendentes de incoar, deles 10 397 eran civís. Os  sinalamentos celebrados reducíronse un 40,5 por cento con respecto ao primeiro trimestre de 2017.

Taxa de litixiosidade

 Por mor dos datos anteriormente expostos, a taxa de  litixiosidade en Galicia (22,1) situouse como a máis baixa do conxunto do Estado no primeiro trimestre de 2018, que foi de 32,2 asuntos por cada mil habitantes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciocho + 14 =

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.