O PPdeG considera “imprescindible que o Goberno galego sexa o máis estrito posible no cumprimento da normativa co proxecto da mina de Touro”

A viceportavoz popular esixiu “responsabilidade” á oposición, xa que este proxecto está pendente de 15 informes técnicos e unha declaración de impacto ambiental

A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, considerou hoxe “imprescindible que o Goberno galego sexa o máis estrito posible no cumprimento das diferentes normativas” respecto do proxecto da mina de Touro, “co obxectivo de que non quede ningunha dúbida por parte dos veciños ou entidades que poidan estar preocupados”. Neste sentido, esixiu “responsabilidade” aos grupos da oposición, xa que este proxecto mineiro “está pendente de 15 informes técnicos e dunha declaración de impacto ambiental” que analizarán se cumpre estritamente a legalidade.

Paula Prado afirmou que “respectamos as opinións e valoracións das entidades e persoas que participaron onte na manifestación en contra do proxecto da mina de Touro”, pero manifestou que “a tramitación administrativa deste proxecto debe levarse adiante por seguridade xurídica e porque vivimos nun Estado de Dereito”. “Pedimos á Xunta rigor, seriedade e que se cumpra estritamente a legalidade vixente para ter unha minería dinámica, renovadora, sustentable e xeradora de emprego”, indicou.

Na súa intervención, a viceportavoz popular lembrou que o pasado mes de marzo “aprobamos no Parlamento unha proposición non de lei, co único voto a favor do PPdeG, a través da que pedíamos que a Xunta avalíe as consecuencias e circunstancias deste proxecto desde o total garantismo legal e o rigor na execución do procedemento, de forma que se salvagarde o total respecto ao contorno, o estrito cumprimento da legalidade vixente e se dote das garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas”.

Prado transmitiu unha “mensaxe de tranquilidade fronte ao alarmismo que se pretende difundir desde outras formacións políticas ou organizacións”. Neste sentido, demandou en concreto ao portavoz de En Marea que “non envelene á situación nin á poboación coas súas declaracións, xa que este proxecto está pendente de 15 informes e dunha declaración de impacto ambiental que serán realizados por técnicos, non por políticos”.

“Estamos abertos a calquera proxecto que supoña a  xeración de postos de traballo e mellora para a economía galega”, sinalou Paula Prado, quen apuntou que este proxecto deberá respectar “unha lei galega do ano 2008, aprobada na época do Goberno bipartito por socialistas e nacionalistas, que a defendían dicindo que a minería era un sector que xeraba emprego, actividade económica e valor engadido a o PIB”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 − 3 =

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.