O (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico de A Coruña bate récords de asistencia e participación

Unha das obras mestras máis indiscutibles da historia do cine nunha velada estremecedora. O rostro de Xoana de Arco ocupando a gran pantalla do Teatro Colón ergueu o pano do (S8) 9ª Mostra Internacional de Cinema Periférico de A Coruña o pasado 25 de maio de 2018 para dar paso a dez días de proxeccións, exposicións, film-performances, encontros profesionais e sesións formativas que volveron situar a cidade galega como o epicentro da vangarda cinematográfica; unha nutrida axenda de actividades por onde pasaron máis de 12.000 asistentes, no que supón un incremento do 8 por cento de público con respecto ás cifras da edición anterior. 

Tras ese maxestuoso arranque, o (S8) 9ª Mostra Internacional de Cinema Periférico comenzou de cheo as súas actividades formativas coas dúas primeiras sesións do seminario A crítica de cine experimental, organizado por A Cuarta Parede, impartidas polo crítico e cineasta Alberte Pagán, e polo crítico Francisco Algarín (Revista Lumière), ás que seguiron, xa esa misma tarde, a visita guiada á exposición O cine en papel, comisariada por Elena Duque e Gloria Vilches, en Fundación Luis Seoane, e a sesión O ollo imperativo, pertenecente ao ciclo A imaxe que pensa, do Foco SINAIS dedicado á cineasta e activista galega María Ruido, que arrincou o pasado 21 de abril coa inauguración da mostra Le paradís tamén na Fundación Luis Seoane e que culminou o 2 de xuño coa estrea en pantalla grande por primeira vez da controvertida Mater Amatísima, na que Ruido se detén a reflexionar sobre o que significa ser nai nos tempos de cambio que nos envolven hoxe en día. Unha fin de semana dedicada ás actividades formativas que se completou co obradoiro O cine dos sentidos, organizado xunto á Asociación Asperga e impartido por Pablo Mazzolo, cuxas obras resultantes puideron verse nunha emocionante sesión aberta ao público o luns 28 de maio en FNAC A Coruña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

seis − tres =

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.