Ourense acolle este xoves a presentación do “Manual para o traballo en colectivo”

A publicación ofrece ideas inspiradoras e innovadoras para tecer e reforzar a cooperación social. A presentación, de acceso libre, será mañá ás 20h no Espazo en Común das Burgas

Mañá xoves, o Espazo en Común acolle a presentación en Ourense do “Manual para o traballo en colectivo. Imaxinar para trasformar”, unha guía que pretende contribuír a estender a cultura da participación e dos coidados dentro dos colectivos, e compartir recursos e metodoloxías para poder, como grupos humanos, imaxinar outros mundos posibles, necesarios, máis xustos e acolledores.

A publicación, de xaneiro deste ano, é froito do programa Co-Lab (Laboratorio de Innovación Cidadá), un proxecto de innovación social posto en marcha en 2017 co apoio da Concellería de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña, cuxa misión é “mellorar a vida das persoas e acadar unha cidadanía máis igualitaria e autónoma a través de mecanismos de produción de coñecemento colaborativos, abertos e reutilizables”.

A presentación correrá a cargo de Andrea R. Adega, membro de ReXenerando Soc. Coop. Galega e experta en facilitación grupal, e Francisco García Quiroga, investigador e experto en innovación social, ambos co-autores do manual, que convidan a asistir á presentación a “asociacións veciñais, grupos de consumo, cooperativas, redes informais ou plataformas cidadás” ás que o manual lles pode ofrecer exemplos de “prácticas e ferramentas que lles poden servir de inspiración”.

O acto, de entrada libre, terá lugar mañá xoves 7 de xuño, ás oito da tarde no Espazo en Común das Burgas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

9 + catorce =

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.