Ourense en Común considera que o PP quere “cambiar de árbitros” para aprobar o PXOM “fóra de xogo”

O Consello Consultivo, conformado por letrados nomeados “a dedo” polo PP na Xunta, emitiu un informe “a medida” dos intereses do goberno de Jesús Vázquez. O grupo insiste en que o informe vinculante é o da Secretaría Municipal, que é “meridianamente claro”: o PXOM ten que aprobarse no Pleno

Ourense en Común avaliaba esta mañá o proceder que está a seguir o goberno do Partido Popular para resolver o conflito de competencias sobre o órgano que debe aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ourense.

O informe emitido polo Consello Consultivo, entregado aos grupos o pasado venres, vén a confirmar o que Ourense en Común xa advertira en outras ocasións, e é que este é un órgano “servil”, que “traballa a medida” con letrados designados “a dedo” polo “narcopresidente” Alberto Núñez Feijóo para favorecer os intereses do Partido Popular.

O voceiro de Ourense en Común, Martiño X. Vázquez, considera que o informe relativo á aprobación do PXOM, “non era necesario, non é vinculante e nin sequera é oportuno”, e sólo reafirma o “gusto de xogar fóra do regulamento” do equipo de Jesús Vázquez, “cambiando de árbitro cando lle pitan fóra de xogo”.

Martiño insiste en que o único órgano con competencias para determinar os temas que han de levarse a pleno é a Secretaría Municipal do Concello de Ourense, cuxo informe, que sí é preceptivo e vinculante, é meridianamente claro, e dí que o órgano con competencias para aprobar o PXOM é o pleno.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce − 12 =

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.