Unha selección dos mellores viños do Ribeiro e tres prestixiosos grupos musicais daranse a man nas Burgas no Enofestival de 2018

Esta mañá tivo lugar a presentación do festival, que se celebrará o día 30 coa participación de Cooper, Anaut e Mad Mission. Degustaranse os viños de Celme, Reboreda, Vilerma, Cunqueiro, Pablo Vidal e Eduardo Bravo, da D.O. Ribeiro e haberá dous postos de comida

Gastronomía e música daranse a man o vindeiro día 30 de xuño nas Burgas, no marco do Enofestival 2018, dentro da programación das Festas de Ourense. Esta mañá tivo lugar a presentación do certame, que contará coa participación dos grupos Cooper, Anaut e Mad Mission, cuxa música combinarase coa degustación dos viños de Adegas Celme, Grupo Reboreda Morgadío, Cunqueiro, Vilerma, Eduardo Bravo e Pablo Vidal, e 2 postos de comida con propostas “gourmet”. Enfoestvial 2018 é un evento “no que apostamos pola cultura próxima e viva, e poñemos en valor o noso patrimonio, nun lugar emblemático da cidade como son as Burgas”, sinalou a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.

O promotor do proxecto, Rubén Amorín salientou a calidade dos grupos participantes, e a subliñou a boa acollida que está a ter o festival entre o público e as adegas e colleiteiros, xa que unha vintena se interesaron en participar, seleccionándose entre elas as 6 que finalmente estarán presentes. Os viños que se degustarán son “unha mostra absolutamente representativa do que se está a facer hoxe no Ribeiro”, asegurou o presidente da Denominación de Orixe Juan Manuel Casares, quen valorou a implicación do Concello en “espallar cultura en manifestacións como a música e o viño”, e apostou por este tipo de maridaxes: “Ourense ten que vender viño e o viño ten que vender Ourense”.

As persoas interesadas poden obter máis información na web www.enofestivalourense.com. As entradas xa están á venda na páxina web Ticketea, no bar Trampitán e na tenda Peggy Records (10 euros na billeteira e 8 en anticipada)

En canto aos grupos, Cooper, cabeza de cartel, suma xa máis de 15 anos de prestixiosa traxectoria musical, con Álex Díez á cabeza, probablemente a personaxe máis representativa da escena mod nacional, líder de Los Flechazos, e autor de cancións que forman parte da historia do pop español. Presentarán novo disco: “Tiempo, Temperatura, Agitación”.

Web: http://elefant.com/grupos/cooper

Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=BWK6O-9RsKI

ANAUT é unha banda madrileña ten editado xa tres álbumes (o último en 2018, “Hello there”), cun cóctel de influencias de soul, r&b, folk e rock, que o converten nun grupo de referencia a nivel nacional.

Web: https://www.vacasmanagement.com/anaut/

Youtube: https://www.youtube.com/user/ANAUTmusic

Completa o cartel os ourensáns MAD MISSION, cuarteto nacido a finais de 2014 cunha proposta de funk rock elegante con enérxicas voces soul, listos para ofrecer un vibrante espectáculo con ritmos impetuosos.

Web: https://www.facebook.com/MadMision

Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC-ikK1Xj6vDadnw3IH4oFjA

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

6 + 19 =

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.