VII FORO DO DEPORTE PARA TODOS o vindeiro venres 15 de Xuño a partir das 16:00 horas no Club Financiero Atlántico de A Coruña

Esta xornada organizada por AGAXEDE (Asociación Galega de Xestores Deportivos) e AGDPT (Asociación Galega do Deporte Para Todos), contará coa colaboración de relatores da altura de Alejandro Blanco, Presidente do COE, Guillermo Taboada, Interim Manager, Joan Celma, Consejero Delegado de Optimus Marketing and Management e Eduardo Blanco, Presidente de AGAXEDE e FAGDE.

A xornada contará coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de A Coruña, sendo Marta Míguez Telle Jose Manuel Sande os encargados da apertura deste evento. Acompáñannos tamén a Deputación de A Coruña, o Comité Olímpico Español (COE), a Federación de Asesores de Gestores Deportivos de España (FAGDE), a Asociación Portuguesa de Gestores Deportivos e o Club Financiero Atlántico.

O foro está dirixido a xestore/as, directivo/as, técnico/as e voluntario/as do deporte e, principalmente, aos dirixentes das asociacións, federacións e clubes deportivos. Cabe destacar que a cota de inscripción ten un carácter simbólico de 10€ ata o 14 de Xuño, e que o evento rematará antes do primeiro partido da Selección Española contra Portugal.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

13 − cuatro =

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.