Concentracións previas ao Gran Premio de España

Estamos ante a última semana de preparación de cara o Gran Premio de España de Loitas Olímpicas. As duas concentracións internacionais coordinadas pola Federación Galega de Loita en Pontevedra e Vilalba, onde os deportistas galegos convocados para o Gran Premio de España están a afinar a súa preparación

O CGTD como eixe da concentración internacional máis numerosa: onde contamos coa presenza de deportistas das seleccións de Alemaña e Rusia, para adestrar cos novos talentos das categorías inferiores e cos deportistas do grupo de rendemento.

En Vilalba, contamos coa presenza de Catriel Pehuén Muriel, como sparring de Jose Cuba Vázquez de cara o Gran Premio de España, xa que é moi compricado contar coa presenza de deportistas de nivel internacional na categoría de 125kg. Tras o 8º posto no pasado campionato de Europa de Loita, Jose Cuba atópase nun bo momento de cara o Gran Premio de España. Estas actividades poden levarse a cabo, grazas a participación e axuda dos clubs de referencia galegos, tanto na parte organizativa como na económica: “contar coa colaboración dos Clubs, é fundamental para coordinar este tipo de iniciativas”.

Agardamos que este tipo de concentracións internacionais queden instauradas no calendario da FGLeDA.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

nueve + 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.