Mondoñedo acolle a presentación da Asociación de Cociñeiros da Mariña

O grupo, formado por seis cociñeiros e un panadeiro, apostará polo produto local, o da Horta de Mondoñedo, e polo consumo de auga km0

A Casa do Concello de Mondoñedo oficial da Asociación de Cociñeiros da Mariña formada por seis cociñeiros e un panadeiro. O colectivo, sen ánimo de lucro, apostará polo produto local, o da Horta de Mondoñedo, e polo consumo de auga km0.

O Goberno municipal do Concello de Mondoñedo vai colaborar cos chefs deixando os seus locais municipais para as reunións da asociación. A alcaldesa, Elena Candia, valora a creación desta asociación nun sector que non deixa de medrar e que se ten convertido nun atractivo turístico máis “grazas á calidade dos nosos produtos e á experiencia e bo facer dos nosos cociñeiros”, precisa.

A alcaldesa indica que as institucións “temos que implicarnos coa xente e coas iniciativas que recoñecen e valorizan os nosos produtos. A través deste proxecto Mondoñedo pon en valor o seu pan, a súa horta e a súa auga e, o que é máis importante, o factor humano, mozos profesionais que co seu traballo sacan adiante o mellor resultado co mellor produto. O Concello de Mondoñedo sempre estará apoiando estas iniciativas, apostando polo noso, elaborado pola nosa xente”, remarca.

Os chefs lucirán ademais nos seus uniformes o distintivo dos produtos da Horta de Mondoñedo.

Integrantes:

David Rodríguez Moledo, Restaurante A Mirandilla de Rinlo, Ribadeo

Bruno Perna Arnaú, Restaurante A horta da Paula, en Mondoñedo

Jesús Villarino Gavín, Restaurante Asador, en Barreiros

Jorge López, O Pazo de Tovar, Lourenzá

Michel Cociña, Casa Miranda de Burela

Alejandro Arca Uría, Arume Gastrobar de Viveiro

Waldo Jose González Redondo, Panadería Rubal, en Mondoñedo

Petroni ENTRADAS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco + tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.