Noela Blanco: “O PP négase a cumprir a Lei de Igualdade de Trato LGTBI”

A portavoz de LGTBI do Grupo Socialista, Noela Blanco, lamentou hoxe que o PP “se manteña en posicións intolerantes encerradas nun armario”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara hoxe no Pleno do Parlamento unha proposta socialista para pedirlle á Xunta que cumprira coa Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación a LGTBI, aprobada en abril de 2014

A responsable socialista acusou ao PP de ter apoiado esta iniciativa que “utilizou para intentar limpar a mala imaxe dunha dereita que sempre se posicionou en contra da igualdade en dereitos e liberdades das persoas LGTBI” para despois incumprila dende a Xunta.

Criticou a “dobre moral dos mesmos de sempre, os que se opuxeron ao aborto para despois practicalo, os que actuaban de testemuñas de vodas entre persoas do mesmo xénero e ao mesmo tempo os levaban ao Tribunal Constitucional, e os que votaron a favor da Lei de Igualdade de Trato para convertela en papel mollado”.

Hazte Oír

Sinalou así os “graves incumprimentos” do goberno galego con esta Lei impulsada polos socialistas galegos, obviando o obrigado diálogo coas entidades, ou desatendendo aos menores e mesmo permitindo o reparto dos folletos homófobos de Hazte Oír diante dos centros de ensino. Tampouco garantiron a igualdade no mercado de traballo, non desenvolveron a Lei e impediron o debate da Lei de Identidade de Xénero de Galicia.

Acusou ao PP de constituír “o motor do autobús de Hazte Oír, como evidencia mesmo a guía de voto nas eleccións primarias do PP publicada por aquela organización “homófoba e transmófoba” nos medios de comunicación conservadores. Resumiu que “Hazte Oír é o PP e o PP é Hazte Oír” e desafiou a este partido a reclamarlle a Pablo Casado que pida a ilegalización da organización e rexeite a campaña que o defende como candidato do PP.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 + veinte =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.