O PPdeG lamenta que os socialistas “estean máis por sacar rédito político que por defender os dereitos e intereses das persoas LGTBI”

Rodríguez-Vispo criticou que “cheguen ao punto de defender unha cousa por escrito e outra moi diferente desde a tribuna do Parlamento”

A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo criticou hoxe no Parlamento que os socialistas “estean máis por sacar rédito político que por defender os dereitos e intereses das persoas LGTBI”. Neste sentido, lamentou que “cheguen ao punto de defender unha cousa por escrito na proposición non de lei e outra moi diferente cando suben á tribuna do Parlamento”.

Rodríguez-Vispo asegurou que o PPdeG “estamos a favor dunha sociedade aberta, diversa, tolerante, igualitaria e con liberdade de expresión”, polo lamentou que aos socialistas “non lles gusta que esteamos a favor das persoas LGTBI”.

APOIO Á INICIATIVA SOCIALISTA

A deputada popular amosou a disposición do seu grupo parlamentario de apoiar integramente a proposición non de lei do Grupo Socialista, proposta que foi rexeitada ao incorporar novas emendas tanto propias como doutros grupos da oposición.

En concreto, indicou que “defendemos que se cumpra a lei 2/2014, pola igualdade de trato e non discriminación do colectivo LGTBI en Galicia, así como que se remita ao Parlamento, antes de tres meses, un informe sobre a aplicación desta lei”. “Non hai ningún problema en solicitar este punto, o único que ocorre é que este informe xa foi remitido ao Parlamento o pasado 28 de xuño, incluso antes de cumprir os tres meses que pedían os socialistas na súa iniciativa”, indicou.

En terceiro lugar, o Grupo Popular tamén apoia que se consensúe o desenvolvemento da Lei 2/2014, porque “para que as leis perduren no tempo é necesario intentar buscar o consenso máis amplo posible”.

ÓRGANO COLEXIADO PARA PERSOAS LGTBI

Marta Rodríguez-Vispo lembrou que a propia secretaria xeral de Igualdade anunciou a semana pasada que Galicia será a terceira comunidade autónoma en contar cun órgano colexiado, consultivo e de participación social en materia de dereitos das persoas LGTBI. “O importante é que este proceso estase levando a cabo a través dun diálogo constante coas asociacións LGTBI e tendo en conta as súas achegas”, engadiu.

Así mesmo, salientou que Galicia fora a primeira comunidade autónoma en contar cunha lei que evite a discriminación destas persoas LGTBI e que o Goberno galego xa incluíra unha partida orzamentaria desde 2017 destinada ás organizacións que os representan.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 − 8 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.