Ourense celebra estes días, na piscina Rosario Dueñas, o quinto campionato de España nos últimos oito meses

O Sub’20 de Atletismo na pista cuberta; o juvenil de hóquei sala; Salvamento Acuático e Socorrismo e mesmo Baile Deportivo, uniranse en no mes de novembro ao Hidong Humdo de Espada Coreana. 400 deportistas, maiormente mulleres, de categorías alevín e junior, comezan hoxe os adestramentos para as especialidades do campionato de Natación Artística, desde o xoves 12 ao domingo 15 na nosa cidade

A piscina Rosario Dueñas acolle, desde esta mañá, os primeiros adestramentos do VI Campionato de España de Natación Artística, que se celebra do 12 ao 15 de xullo na nosa cidade coa participación de 400 deportistas, na súa maior parte mulleres. Será o quinto campionato nacional que acolla a nosa cidade logo dos de Atletismo sub’20 en pista cuberta, Hóquei pista juvenil, Baile deportivo, Salvamento e Socorrismo e mesmo ciclismo, a pasada fin de semana.

Demóstrase que Ourense é unha cidade dinámica e con capacidade organizativa de eventos de grande nivel que, por outra parte, repercuten moi positivamente no sector turístico: os hoteis de Ourense colgan o cartel de completo”, salienta Mario Guede, concelleiro de Deportes.

A todos estes xa celebrados, o vindeiro mes de novembro a nosa cidade será a sede do campionato de España de Hidong Gumdo Espada Coreana.

VI Campionato de España de Natación Artística

Desde as 11:30 horas, deportistas dos 16 mellores clubs nacionais de natación artística comezarán os adestramentos para as diferentes especialidades na piscina Rosario Dueñas, que mo pasado mes acollera xa os campionatos galegos desta disciplina. O organizador da proba xunto ao Consello Municipal de Deportes será o Club Natación Sincro Ourense, que achegará posibilidades de éxito para a representación local.

“Figuras, Solo, Dúo, Mixto, Equipo e Combo, un espectáculo deportivo que amosará o gran nivel que temos na sincro en Galicia”, sinalaba Luz Abadín, rexedora do Club Sincro. A entrada é libre e de balde, e desde o Consello Municipal de Deportes faise unha chamada a acudir a presenciar un espectáculo deportivamente esixente e moi vistoso para os neófitos.

Máis información deste evento en: www.rfen.es  – http://sincroourense.es

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciseis − 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.