Xulio Ferreiro visita as obras da cuberta do estadio de Riazor

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, así como os concelleiros de Rexeneración Urbana e Deporte, Xiao Varela e José Manuel Sande, visitaron este mércores o estadio municipal de Riazor

O Concello acomete as obras de reforma e conservación da cuberta e as estruturas metálicas do recinto, un proxecto que ten un investimento de algo máis de 7 millóns de euros. Os responsables municipais visitaron a obra logo de que a pasada semana comezase o montado das vigas de celosía da nova cuberta, correspondentes á bancada de Preferencia, onde tamén se iniciaron as obras de tensado das barras dos tirantes que ancorarán a nova cuberta.

Tanto Ferreiro, como Varela e​ Sande, amosaron a súa satisfacción polo desenvolvemento das obras, así como polos tempos de realización, que coinciden coa folla de ruta marcada polo Concello.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce + diecinueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.