O mar do Orzán acolle a fin de semana unha nova edición do Teresa Herrera de traiñeiras

​O mar do Orzán acollerá esta fin de semana unha nova edición do Trofeo Teresa Herrera de traiñeiras que, como vén sendo habitual dende 2016, contará cunha categoría masculina e outra feminina. Esta última competición contará ademais, como novidade este ano, co recoñecemento da Bandeira. “Desta forma, atendemos unha reivindicación das propias deportistas que participan neste torneo e damos un novo paso no traballo que está a desenvolver o goberno local dende a súa chegada ao Concello para que a igualdade de xénero sexa tamén efectiva e real no mundo do deporte”, indicou o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

seis + 8 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.