Veciñ@s de Touro reúnense para pedir unha mellora no transporte metropolitano

O pasado xoves a Marea de Touro convocou unha charla-debate para falar sobre o novo plan de transporte metropolitano de Galicia. Contaron coa presenza de Conchi García da plataforma TeoBus e co deputado de En Marea Antón Sánchez. Os asistentes coincidiron na necesidade de implementar un servizo de autobús que lle permita á veciñanza acudir con normalidade ás áreas dotadas con servizos (Fonte Díaz, Touro…).
Entre as principais carencias que detectan está a imposibilidade de volver á casa de estudar ou traballar pola noite ou o alto número de parroquias que carecen de servizo algún de autobús.
As solucións que propoñen van dende o transporte á carta partindo dun itinerario previamente establecido, no cal van comezar a traballar conxuntamente, até a modificación das rutas xa existentes para coordinar o servizo con concellos colindantes como O Pino ou Vila de Cruces a través de autobuses lanzadeiras.
Dende a agrupación local consideran que a mobilidade é un dereito fundamental e imprescindible para acadar unha sociedade máis xusta e sostible, ó mesmo tempo que aseguran que axudaría a fixar poboación e a facer de Touro un lugar máis atractivo para atraer novos habitantes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 − 11 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.