XXIX Copa Galicia de Cans de Parada – Campionato Galego de Cans de Parada

“Berta de Vilar de Donas” de José María Carnota en Británicos e “Lina de la Judería” de Pedro Iglesias en Continentais, foron os Campións Galegos

Na xornada do pasado 5 de agosto, desputábase unha proba máis da Copa Galicia de Cans de Parada na que, a postre, coñecíanse os campións galegos deste ano 2018. Foron os montes do Forgoselo, no concello coruñés de As Pontes, o esceario desta XXIX Copa Galicia organizada pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores A Venatoria.

Un bo ambente, uns terreos extraordinarios xunto cunhas temperaturas suaves e un vento frouxo fixo que o desenrolo desta proba fose todo un éxito.

Ao remate de dita proba, foi a setter inglés macho de nome “Spartacus de Bosende” propiedade de Andrés Pena o que acadaba o primeiro posto da proba na categoría de Británicos cunha calificación de 1º EXC. O segundo posto foi para o pointer macho “Grill dos Potinhos” propiedade de José María Carnota Ríos cun 2º MB e tamén José María Carnota Ríos repetía en terceira posición con setter inglés macho “Bren” cun 3º MB.

En Continentais “Lina de la Judería” femia de braco alemán propiedade de Pedro Iglesias era o campión da proba cunha calificación de 1º MB. O bretón macho de nome “Cyrus” propiedade de Ignacio Pérez era o segundo clasificado cunha calificación de 2º MB. O tamén bretón de nome “Kia” propiedade de Belisario Bertoa era o que acadaba o terceiro posto cunha calificación de 3ºB

Coa suma dos puntos acadados nas diferentes probas deuse a coñecer os Campións Galegos de Cans de Parada deste ano 2018 e a selección galega que representará a Galicia no vindeiro campionato nacional. Resultando como segue a continuación:

Na categoría de Británicos o primeiro posto e polo tanto campión galego foi para a setter inglés femia de nome “Berta de Vilar de Donas” propiedade de José María Carnota Ríos con 22 puntos. En segunda posición remataba o pointer macho “Grill dos Potinhos” tamén propiedade de José María Carnota Ríos con 12 puntos. O terceiro posto era para o setter inglés macho “Azor da Brisa da Ría”   propiedade de Eloy Rodríguez Martínez con 10 puntos. “Spartacus de Bosende”, setter inglés macho, propiedade de Andrés Pena Vázquez foi o cuarto clasificado con 10 puntos.

En Continentais o título autonómico era para a braco alemán “Lina de la Judería” de Pedro Iglesias Hermida cun total de 4 puntos. En segunda posición remataba José Ignacio Pérez Pérez co bretón de nome “Cyrus” con 4 puntos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.