A CIG amosa a súa indignación pola autopromoción de programa da TVG “Land Rover”. “Ser mellor ver ‘Land Rover’ que pegar a unha vella”

A CIG non pode por menos de expresar o seu asombro e indignación pola autopromoción de “Land Rover”, na que o seu presentador, Roberto Vilar, anuncia a volta do programa á pantalla da TVG o próximo xoves e, en chave humorística, tenta convencer á audiencia de “ser mellor ver ‘Land Rover’ que pegar a unha vella”

A través do humor, por tanto, presupón que se pode bater nas vellas, desvirtuando e minimizando a gravidade das actitudes de violencia machista. Con semellante comparación o mesmo programa situa-se nun nível tan ínfimo, que o fai impropio dunha canle pública como a CRTVG, cuxa actividade debe inspirar-se nos princípios do respecto á dignidade humana, a igualdade entre homes e mulleres e a non violencia, entre outros.

En consecuencia, a CIG esixe-lle que, como máximo responsábel da CRTVG, actúe coa maior contundencia e ordene a inmediata retirada da emisión desa despreciábel autopromoción, para alén de depurar as responsabilidades que correspondan.

Carta da CIG ao Director Xeral de CRTVG 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.