A Concellaría de Servizos Sociais de Ponteceso retoma os Domingos de Baile con música en directo todas as semanas

Despois do parón do verán, a Concellería de Servizos Sociais retoma os Domingos de Baile para que os veciños e veciñas poidan gozar dunha das actividades con mellor acollida entre os maiores con música en vivo e en directo.

A oferta municipal de ocio e lecer dos nosos maiores e, pola outra,  promover novos hábitos de vida, máis activos e saudables, para combater o estres, a depresión ou o sedentarismo, ademais de achegar á veciñanza un novo punto de encontro e convivencia social.

A partir deste domingo 23 a festa e a diversión volverán a estar aseguradas con novas actuacións en directo e unha morea de grupos musicais dispostos a encher cos seus temas o salón do Edificio das Escolas de Ponteceso e o Fogar do Pensionista da Casa do Mar de Corme, onde a actividade se celebrará o último domingo de cada mes. En ámbolos casos, o horario será de 18:30 a 21:30.

Para poder participar será imprescindible ter moitas ganas de pasalo ben e deixarse levar polo ritmo de estilos tan variados como o pasodobre, o tango ou os boleros. Para os/as máis atrevidos/as tampouco faltarán os sons “salseiros” da bachata, a cumbia e o chachachá. E aos que non lle guste tanto movemento, poderán gozar dunha relaxada tarde entre xogos de mesa e conversas con amigos/as e veciños/as. Todo vale para desfrutar sen preocupacións dunhas xornadas lúdicas e recreativas ao gusto de todos/as.

Próximas citas

A primeira cita cos Domingos de baile terá lugar esta mesma semana no edificio das escolas de Ponteceso con J. Santana, ex-líder dos Players e unha das mellores voces do panorama musical español da década dos 70. Quen non bailou algunha vez ao son de Carolina? O vindeiro domingo, todos os asistentes terán a oportunidade de volver a facelo e rememorar algúns dos seus éxitos máis soados.

A música e o baile continuarán o domingo 30 no Fogar do Pensionista de Corme coa actuación dun grupo xa asiduo na nosa programación, o Dúo Manu e Alberto Madaira, ex-cantante dos Bardos.

Esta temporada os Domingos de baile volven con moita diversión para que todos e todas o pasen en grande.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

nueve + 7 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.