A ENTREVISTA: O resplandor Muíño

Ábrese este domingo o firmamento da Liga da Costa e, nese ceo poblado de estrelas, a máis rutilante brila de novo no C.D. Baíñas. Pablo Muíño resplandece na versión futboleira daquel terrorífico Jack Torrance que vagaba sementando pavor no solitario hotel de “El Resplandor”. A transformación de Jack Nicholson naquela desquiciante personaxe na que acaba convertido, é algo parecido ao que sofren as defensas rivais cada vez que Muíño viste de verde e ten o balón no pé. Terror puro. Pánico e vértigo, O mesmísimo Stanley Kubrick, se vivise, quizais acodiría a algún partido do Baíñas para lembrar a asfixiante sensación de non ter escapatoria, de verse impotente ante o perigo que asexa. Porque iso é Pablo Muíño cando toca balón e encara campo rival: un perigo constante e real, verídico, palpable e, sobre todo, pavoroso. Así o atestigua o seu título de Pichichi indiscutible da tempada pasada, ademais de ser elixido Mellor Dianteiro na Gala do Deporte. Éxito persoal que o fai merecente dunha atención especial nesta nova andaina da apaixonante competición que nos agarda e na que, a bo seguro, seguiremos desfrutando do seu resplandor. 

 -A piques de comezar unha nova tempada, a título persoal parece difícil superar a pasada pero ¿que agardas a nivel equipo?.

​Esta nova tempada espero que o equipo compita a un gran nivel e poder superar a cuarta plaza acadada a Liga pasada.-O Baíñas vén de reforzarse con xogadores coma Paulo, Toño ou Víctor, que o ano pasado xogaron nunha categoría máis arriba. ¿Atopas que isto poida ser un valor engadido para o plantilla?.

O equipo fichou xogadores de gran nivel, que pronto se adaptaron ó vestiario polo que puiden ver na pretempada, estou convencido que veñen a sumar e a loitar polo escudo.

-Despois de quedar ás portas do ceo, onde faltou un chisco de sorte no partido decisivo, cres que este ano é o do Baíñas?. Ves factible ser campións?.

A Liga e moi longa, para ser campións temos que ser regulares e coller unha boa dinámica toda a tempada. Personalmente vexo ó equipo nas prazas de arriba, pero non podo dicir que somos favoritos porque hai equipos moi fortes na Liga da Costa.

-Sodes un equipo de amigos, con moita xente da casa, inflúe á hora de competir?. Beneficia ou perxudica?.

 Unhas veces beneficia e outras perxudica. Todo depende de se gañamos ou perdemos. (Risas).

-Entre as caras novas, a do Míster, chegado dende o Corcubión. Que opinión che merece?.

Non podo opinar nada del polo de agora. Polo que vin merece todo o meu respecto porque está a traballar moi ben.

-Gustaríache ascender e competir na Primeira, unha Liga dura pero tremendamente apaixonante?.

A verdade e que non, sei que é unha unha Liga moi competitiva pero non me chama a atención. Paréceme moito máis apaixonante a Liga da Costa, cos seus derbis e rivalidades. Se tivera que xogar en Primeira só sería co Baíñas.

-Como ves a Liga da Costa este ano?.

O favoritos para min son Muxia, Corme, Mazaricos e Baiñas. E a ver como compite o Volantes de Baño coas fichaxes que fixo. Na miña opinión, quen pode dar a sorpresa é o Cerqueda.

Xa por último, un desexo que gustaría cumprir esta tempada.

Claramente sería gañar a Liga da Costa. Pero son de natural conformista e con que o equipo compita, xa me daría por satisfeito. A nivel persoal, só agardo non lesionarme.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.