A escritora Concha López Llamas presenta o seu último libro no Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

 O vindeiro sábado, 15 de setembro, terá lugar no Salón de Actos do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), a presentación do último libro de Concha López Llamas ‘Espejo Lobo’, novela que mistura ficción e realidade poñendo de manifesto o extraordinario vínculo da autora coa natureza e coa defensa do lobo ibérico.
Catorce son as historias de ficción que conforman “Espejo Lobo”, ubicadas en aquelas contornas da Península Ibérica onde o lobo coexiste co ser humano, nas que se dan a coñecer as diferentes causas que fan perigar a súa saúde etolóxica e ata a súa supervivencia: gandeiría extensiva, regulación-control da especie, caza, veleno, lume ou furtivismo, entre outros. Expertos e expertas no mundo de Canis lupus adxuntan a súa análise sobre a problemática destacada nas historias ao final de cada relato.
Ficción e realidade póñense ao servizo de “Espejo Lobo” para entender a denuncia que desde él se fai e para destacar e correxir o comportamento antropocéntrico que nos caracteriza. Conservacionismo,Ecoloxismo, Anti-Especismo, Ecofeminismo ou Decrecemento, brotan de “Espejo lobo” como claves que invitan a re-significarse e a re-interpretar a vida. Exercicio imprescindible se pensamos que o narcisismo
que caracterizou a Homo sapiens, que rixe a súa vida e a das demáis especies desde a lóxica do dominio, está conducindo á destrución da biodiversidade e a poñer en risco a nosa propia viabilidade a escala
planetaria.
A bióloga Concha López Llamas foi amplamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación didáctica (con tres Premios Francisco Giner de los Ríos á Innovación Educativa, do Ministerio de Educación y Ciencia; Premio á Innovación Docente da Universidad Carlos III de Madrid; ou Premio pola Elaboración de Materiais Didácticos da Comunidad de Madrid; entre outros). Destaca como divulgadora do Ensino das Ciencias a través de numerosos artigos, publicacións e ponencias.
López Llamas volcou nas especies do seu territorio emocional de La Carballeda zamorana unha mirada afectuosa en diálogo coa ecolóxica, que foi construíndo parella á súa formación científica como Bióloga.
Esta forma de interpretar o natural, incorpóraa ao movemento dos escritores sobre a natureza e á literatura ecofeminista, como se reflexa en “Bajo el dominio del Río Negro. Mirada interior de una naturalista” (2011) e “Beatriz y la loba” (2014), poñendo de manifesto o seu extraordinario vínculo coa
natureza e coa problemática da muller. En “Espejo Lobo” (2018) recurre ao seu selo narrativo para saír en defensa do seu tótem, o lobo ibérico.
A presentación de ‘Espejo Lobo’ terá lugar na pranta alta do Castelo de Santa Cruz (Oleiros) ás 11.30 h., e incluirá coloquio coa autora.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

16 − 13 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.