A Piscina Municipal da Malata inicia a súa campaña de setembro coa matrícula gratuita en todos os seus abonos

Ofrece ademais garantía de devolución do primeiro mes e descontos en servizos complementarios

A Piscina Municipal da Malata comeza a nova tempada cunha campaña de captación de socios. O seu obxectivo é atraer a todos aqueles usuarios que busquen activarse despois do verán e levar unha vida máis saudable.

“Vivir” é o nome da súa campaña.  Os responsables do centro buscan que os seus novos usuarios póidanse sentir mellor grazas ao deporte e para iso a mellor solución é deixarse guiar polos seus profesionais. O centro trata de facilitar a inscrición ao usuario ofrecendo unha proba gratuíta e, se se inscriben, a matrícula sen custo en todos os seus abonos. E se aínda así non se atopan satisfeitos co servizo, volven ofrecer garantía de devolución do primeiro mes. Esta iniciativa, testada por primeira vez na campaña de xaneiro, demostrou que máis do 98% dos usuarios non se arrepinten. Para esta campaña o centro habilitou a web  beone.es/vivir/amalata onde o usuario poderá atopar toda a información que necesite e onde poderá entrar no sorteo dun mes gratuíto.

Comeza unha tempada ilusionante para o complexo municipal, que desexa que sexan moitos os usuarios que vaian gozar da súa piscina, a súa sala fitness, o seu spa, as súas salas de actividades ou a súa área de xogos infantís.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

9 + 18 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.