A Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar coa participación de 10 locais de hostalaría

Por terceiro ano consecutivo, a Concellería de Promoción Económica e o sector hostaleiro de Malpica unen esforzos para desenvolver unha iniciativa conxunta que enlaza tres sectores fundamentais da economía local: a pesca, a hostalería e a olería. A iniciativa, promovida pola concelleira Pilar Doldán, vai a máis, e este ano a Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar contará coa participación de 10 establecementos, que do 21 ao 23 deste mes tratarán de sorprendernos cunhas exquisitas elaboracións moi malpicás.

Malpica Sabe a Mar pretende diferenciarse doutras iniciativas semellantes incluíndo os produtos pesqueiros como ingrediente de todas as tapas, o que permitirá, por unha banda, poñer en valor o produto local e o sector pesqueiro, e, por outra, fomentar a innovación e a creatividade na elaboración de produtos de consumo tradicional. O terceiro elemento que incluiría a ruta sería a olería, xa que para a ocasión elaboraranse no Ecomuseo do Forno do Forte pratos artesanais que se repartirán entre os 10 establecementos participantes: Taberna do Lesto, O Burato, Humboldt, Ybarra, JB, San Francisco, Larada, O Pescador, Santiago Apóstol e O Cruceiro, que participa por primeira vez.

A Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar arrancará o venres 21. As tapas serviranse nesa primeira xornada de 20.00 a 23.00 horas; o sábado, de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 23.00, e o domingo, de 12.00 a 14.00 horas. As tapas custarán 1,5 euros, e con cada unha entregaráselle ao cliente un boleto que lle permitirá obter premios directos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 + uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.