‘Fa’ o novo traballo de Susana Seivane sae hoxe, tanto na súa edición fisica, como nas plataformas dixitais habituais.

FA é o novo traballo de Susana Seivane tras oito anos de silencio discográfico, un longo período que lle serviu de inspiración para a composición do seu quinto álbum. FA (Fiz e Antón) é unha profunda introspección no eido da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude persoal.

Sen perde-la súa esencia definitoria, Susana explora novos ritmos imprimindo modernidade na tradición e erixíndose como unha das máis virtuosas gaiteiras de tódolos tempos.
Con temáticas universais como o amor superlativo, o medo, a inseguridade ou a felicidade absoluta, Seivane constrúe unha paisaxe sonora sen esquecer as súas raíces dotándoa de novos matices froito da súa madurez como compositora e instrumentista.
‘Fa’ está composto por 12 temas dos cales destaca o seu primeiro extracto ‘Papá Pum Pum’ un canto á alegría vital e á supremacía dos pequenos momentos; é o exemplo perfecto do espíritu de ‘Fa’ o disco máis persoal ata agora de Susana Seivane.

PRÓXIMAS DATAS PARA DISFRUTAR DE FA
19 de setembro ‘Lúas de Outono’ Teatro Rosalía- A Coruña
22 de setembro – Ponteareas – Musigal
9 de outubro – Alcalá de Henares
20 de outubro – Fnac A Coruña
16 de novembro – Auditorio Municipal – Vigo
6 de decembro – Teatro Gaztambide -Tudela

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecisiete − siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.